sábado. 20.04.2024
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. Despacho do presidente. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 17/11/20.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte unha videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios, na que tamén participou a conselleira de Política Social, Fabiola García, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Ás 11:30 horas deste xoves 19 de novembro está previsto que o rexedor de Verín, Gerardo Seoane, participe, na compaña dos alcaldes de Carballiño e Ribadavia, así como tamén a primeira edila do Concello de Xinzo de Limia, Elvira Lama, nunha xuntanza telemática convocada por orde do titular da Consellería de Sanidade, Julio García Comesaña

Nela pretenderase avaliar a situación epidemiolóxica de cada un dos municipios, aínda que moi especialmente a de Verín, que a día de hoxe mércores 18 de novembro vén de diminuír en tres os casos activos de coronavirus ata situarse nos 21

Gerardo Seoane trasladaralle a preocupación da totalidade do sector hostaleiro da vila, que encadea xa dúas protestas dende que se decretou o peche perimetral da vila e o cese da actividade de bares e cafeterías. "Estou seguro de que tanto o comité clínico como o propio conselleiro son sensibles a unha flexibilización das medidas se é que os datos, como semella que está a ocorrer, seguen sendo tan positivos como ata o de agora", apuntou Gerardo Seoane no anuncio da xuntanza. 

O comité clínico reunido onte pola tarde e que estivo encabezado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a conselleira de Política Social, Fabiola García, e o titular do departamento de Sanidade, Julio García Comesaña; acordou manter, ata o de agora, o nivel de restricións para o municipio de Verín, nas que destacan o peche perimetral e o cese da actividade de bares e cafeterías. 

O alcalde avaliará co conselleiro de Sanidade a situación epidemiolóxica de Verín