miércoles. 24.04.2024
Os xóvenes verinenses estiveron acampados na Mezquita o pasado verán. | FOTO: Concello de Verín.
Os xóvenes verinenses estiveron acampados na Mezquita o pasado verán. | FOTO: Concello de Verín.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín organiza un campamento infantil que terá lugar no albergue de Vilariño de Conso, co obxectivo de fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente nos menores, valorizar a importancia da reciclaxe e promover a convivencia mediante actividades lúdicas e educativas. As iniciativas propostas son moi diversas: rutas en canoa, polo tiro con arco, rappel, circuíto de orientación, sendeirismo, xogos deportivos, actividades de animación e rutas BTT, entre outras.

O evento contará con 35 prazas  e as cotas serán de 150 euros para os menores empadroados no Concello de Verín e 170 euros para os non empadroados. Este prezo cubre a manutención en réxime de pensión completa, os materiais necesarios para as actividades, o equipo de persoal especializado en animación sociocultural, as actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, as rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese, o seguro de responsabilidade civil e accidentes e a atención sanitaria en caso de ser necesaria. 

Medidas de seguridade e saúde pública 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este martes 28 de xullo, que os campamentos de verán na comunidade se están desenrolando con "plena normalidade" e contando coas medidas de seguridade adecuadas, grazas ó protocolo diseñado en colaboración cos profesionais sanitarios e os de tempo libre.

Confirmouno durante unha visita ao campamento de verán do albergue xuvenil Marina Española en Bergondo (A Coruña), no que estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola Gacía. Feijóo destacou a labor fundamental que realizan este tipo de centros para a conciliación das familias, así como para que os rapaces "poidan coñecerse entre si""coñezan Galicia".

As reduccións no aforo dos campamentos deixou a moitos municipios con prazas limitadas e a moitos rapaces sen opción a anotarse. Para compensalo, Feijóo destacou a posta en marcha de novas actividades en forma de minicampamentos de cinco días, coma o que terá lugar en Vilariño de Conso. O presidente da Xunta destacou a iniciativa como pioneira e afirma que está a ter un gran acollida, con máis do 90% das plazas cubertas.


 

Aberto o prazo de preinscrición para o campamento do albergue de Vilariño de Conso