viernes. 19.04.2024
Firma convenio AEVER - ABANCA | Foto: Abanca
Firma do convenio Aever - Abanca. | Foto: Abanca.

Abanca e maila Asociación de Empresarios de Verín (Aever) firmaron onte unha renovación do seu convenio de colaboración polo que a entidade financeira comprométese coa viabilidade, modernización e  crecemento das empresas locais, e que dará o empresariado de Verín a posibilidade de levar a cabo investimentos nos seus negocios e reforzar a competitividade dos seus proxectos. O documento foi asinado polo presidente de Aever, Santos Álvarez Diéguez, e a directora de zona de Abanca en Ourense Sur, María José López Rubal.

A través do convenio, o banco pon a disposición das empresas e dos comercios verinenses un plan de financiamento no que se inclúen produtos e servizos, como préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros competitivos, ademais de solucións para as necesidades máis inmediatas de adecuación ás demandas xeradas pola actividade do día a día.

O colectivo terá acceso a outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. No convenio tamén se fai referencia ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial mediante os programas do ICO (Instituto de Crédito Oficial) e as SGR (Sociedades de Garantía Recíproca) galegas. No marco do convenio asinado, os asociados tamén gozarán das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca, que lles permitirá deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, transferencias, ingreso de cheques e outros servizos habituais, así como poderán adherirse ao servizo de banca electrónica e de TPV físico e virtual.

NOTICIAS VERÍN | Abanca e Aever anovan o convenio de apoio ao tecido empresarial local