A medida adóptase pola proximidade das chamas a ambos núcleos de poboación

🔴 ÚLTIMA HORA | Solicítase o nivel 2 de emerxencia en Rabal e Mandín

Efectivos antiincendios e veciños vendo o avance das lapas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O lume portugués que afecta ás parroquias de Terras de Rabal, en Oímbra, e Mandín, en Verín, entra en nivel 2 de emerxencia pola proximidade aos núcleos de poboación. Medio Rural acaba de confirmar que se solicita esta medida para protexer a estas dúas parroquias.

 

A circulación por carretera tamén está afectada por este lume. A N-532, chegou a cortarse por uns instante, e a autovía A-75 permanece pechada neste momento, polo que se está complicando o tránsito pola fronteira portuguesa.

As autoridades controlan o tráfico na N-532. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

 

O lume segue avanzando, co apoio de fortes refachos, que levan as chamas en dirección de outras parroquias como poden ser Tamaguelos, en Verín, ou Vila de Cervos, xa en Vilardevós.