sábado. 20.04.2024
Abelardo Carballo, en Guntín.
Abelardo Carballo, en Guntín.

Viana do Bolo é un dos concellos que traballan na elaboración dun Plan Básico Municipal, que realiza a Xunta de Galicia, unha ferramenta pensada para que os Concellos de menos de cinco mil habitantes e sen planeamento xeral poidan desenvolver certa actividade urbanística.

Durante o acto celebrado en Guntín, en Lugo, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, presentou os traballos relativos á segunda fase da tramitación dos plans básicos para ós Concellos de Alfoz, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Dozón e Guntín, ademáis de Viana. 

Na actualidade, a Xunta traballa na elaboración da cartografía das 100.000 hectáreas que suman estes concellos, e a redacción dos pregos, un paso previo para o seu posterior envío ós equipos redactores. Trátase, segundo a conselleira, dun traballo técnico “imprescindible” para poder comezar coa redacción dun plan básico municipal e a licitación destas ferramentas. Segundo dixo, a previsión é que “no último trimestre” deste ano poidan licitarse os traballos de redacción dos nove municipios.

Na súa intervención, Vázquez Mejuto sinalou que a finalidade destes plans é que os concellos teñan unhas regras básicas para o ordenamento urbanístico dos seus territorios, onde todos os municipios galegos poidan impulsar un instrumento, que protexa e poñan en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo.

O obxectivo que perseguimos é que ó remate desta lexislatura todos os Concellos de menos de cinco mil habitantes que así o soliciten teñan unhas regras básicas, claras, dende o punto de vista urbanístico, ben a través dos plans básicos municipais ou ben a través dos plans xerais de ordenación municipal

 


 

O rexedor de Viana, Abelardo Carballo, puxo en valor esta iniciativa que permite ós Concellos sen plan urbanístico contar cunha ferramenta “a coste cero” que facilite a reordenación, tanto de Viana como dos 52 núcleos restantes. 

Para o alcalde, este plan permitirá fixar “as regras de xogo” para os próximos anos e así evitar procesos xudiciais tanto na concesión de licenzas ou de xente ou posibles construcións ilegais. 

O equipo de goberno confía en que nestes dous anos que restan de lexislatura "poidamos aprobalo inicialmente" para su posterior apertura do periodo de alegacións. "É planear o futuro de Viana", concluiu o rexedor.

A Xunta de Galicia avanza no plan básico municipal de Viana do Bolo