martes. 16.04.2024
restrinxe así o seu uso nas áreas xerais e nos desprazamentos polos centros médicos

O xerente do Sergas en Ourense pídelle ao persoal que non usen as mascarillas se non é en contacto con pacientes

O uso deste material médico queda limitado únicamente ao trato con pacientes cun diagnóstico positivo ou probable de COVID-19 mentras no resto de casos -tránsito polo centro hospitalario ou estancias en áreas xerais- non se recomenda o uso de mascarillas debido ao limitado número de existencias.

Mascarillas de uso obligatorio en cualquier lugar público.
O xerente da Área Sanitaria do Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras restrinxe as mascarillas regladas no protocolo do COVID-19 unicamente ao trato con pacientes.

"Non se utilizará ningún tipo de mascarilla en actividades e lugares que non impliquen un contacto directo con pacientes (...), nin en desprazamentos polo centro e áreas xerais".

Subliñado e en negriña, así conclúe o documento que o xerente da Área Sanitaria do Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras remitiu ao persoal sanitario, apelando á responsabilidade profesional, social e moral dos interesados e xustificando a medida pola "situación de limitación de existencias e de non dispoñibilidade de mascarillas no mercado", sinala na instrucción repartida polas diferentes dependencias, na que lle dá indicacións precisas para facer uso das mascarillas cirúxicas e mascarillas "FFP2", as indicadas "durante o contacto con casos probables/confirmados COVID-19 a menos de 2 metros, sempre que exista dispoñibilidade das mesmas, senón serán substituidas por mascarillas cirúrxicas (as indicadas para o contacto con pacientes que presenten sintomatoloxía respiratorio, con diagnóstico de COVID-19 ou non)". 

Risco de contaxio

O CEMS urxiu ao Sergas, esta mesma mañá, a necesidade de dotar de “materiais imprescindibles para unha adecuada protección dos profesionais, para a correcta atención ós pacientes e para evitar a propagación do virus” e advirten que se se segue sen dispor de equipos de protección “o contaxio dos profesionais está asegurado”, o que traerá consigo o colapso da sanidade pública. 

A nosa comunidade autónoma rexistra 721 contaxios: 195 en A Coruña; 54 en Lugo; 74 en Ourense; 112 en Pontevedra; 152 en Vigo; 108 en Santiago  e 16 en Ferrol. Do total de positivos, 28 permanecen na UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 encóntranse nos seus respectivos domicilios. 

O xerente do Sergas en Ourense pídelle ao persoal que non usen as mascarillas se non é...