martes 27/07/21
Proxectarase o documental "Entre pastores e lobos"

Vilariño de Conso promove "O teu verán" con pasarrúas e actividades de auga

praia fluvial Vilariño Conso
Praia fluvial de Vilariño de Conso. | FOTO : Cedida.

O Concello de Vilariño de Conso desenvolve durante os meses de xullo e agosto un completo programa titulado “O teu verán”, que abrangue actividades na praia fluvial, pasarrúas e charangas así coma unha feira de artesanía para animar os veciños da localidade. 

Por unha banda, durante o mes de xullo e ata o vindeiro 15 de agosto, o Concello organizará un parque acuático todos os días de 17:30 horas a 20:00, excepto os xoves, na praia fluvial. Dentro da práctica deportiva e de ocio, destaca tamén a opción de zumba, os luns e mércores ás 20:30 horas, na mesma zona e poderase alquilar kayaks.

Ademáis, a localidade acollerá pasarrúas con charanga e bandas de gaitas os días 10 e 11 en xullo, con motivo da celebración das Festas patronais de Vilariño de Conso, en honor a San Martiño. 

No eido cultural, o Concello acollerá un ciclo de cinema de verán, que arrincará o 16 de xullo, coa proxección de Entre pastores e lobos, de Manuel Pedrosa. O documental, que foi rodado no Macizo Central, levou xa un premio do público na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que promoveu o Museo do Pobo Galego. Tamén destaca a proxección da película “Cuñados”, o 6 de agosto. 

Unha feira de artesanía con postos da zona, o 4 de agosto, e o concerto da banda de gaitas, o día 8 de agosto, completan o programa de verán, que amosará máis actividades, como rutas guiadas ademáis de charlas e rutas. Desde o consistorio, subliñan a súa aposta pola celebración das actividades no exterior, sempre que o permita a situación sanitaria. 

Vilariño de Conso promove "O teu verán" con pasarrúas e actividades de auga
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade