Martes. 19.03.2024

O vídeo que se achega xa é viral polos móbiles e tablets da vila e contorna. Os membros da comisión de festas da que será a primeira "Noite das sogras", o vindeiro 13 de setembro, decidiron explicar cun traballado e ocurrente vídeo o nome que leva esta edición inaugural, e por que xurdiu a idea.

Repasan nel un chisco da historia dunha das localidades de Verín máis prósperas dende mediados do secúlo XX ata que desapareceu físicamente a fronteira con Portugal, e xustifican a denominación dese venres 13 situando o nome en claro pararelismo coa noite que tamén ese mesmo día celebra o municipio luso de Montalegre. Se do outro lado da raia é "a Noite das Bruxas" , en Feces -os membros casados da comisión saberán o motivo- deron en chamarlle "a Noite das Sogras".

A comisión organizadora da primeira "Noite das sogras" de Feces presenta os festexos...