venres 17/09/21
Esta medida supón a cancelación da "Festa dos 80"

Viana suspende as feiras e eventos ó aire libre previstos en agosto polo covid

Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias
Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias

O Concello de Viana do Bolo ven de acordar a suspensión das feiras e mercados que tiña previstos para este mes de agosto por mor da situación sanitaria polo coronavirus ó considerar que non se pode garantizar o cumprimento das medidas de seguridade e distanciamento social.  

No bando municipal feito público, infórmase de que quedan suspendidas "ata novo aviso" as feiras que estaban programadas para os días 13 e 28 de agosto, "en tanto non se poden garantir as condicións de seguridade, distanciamento entre postos ou aforo, recomendadas polas autoridades sanitarias competentes", recolle o goberno local. 



Esta medida tamén afecta os eventos programados ao aire libre, como son a “Festa dos 80” e o "mercadillo", previstos para o día 14 deste mes. 

No bando municipal, o alcalde de Viana, Abelardo Carballo, xustifica esta decisión "co fin de evitar que a actividade económica municipal se vexa abocada a medidas máis restrictivas, sobre todo, no sector hostaleiro.
.

Viana suspende as feiras e eventos ó aire libre previstos en agosto polo covid
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade