Será ás cinco da tarde na Praza do Cabo da Vila

Medio cento de figurantes convertirán Viana do Bolo nun Belén

Entrega da placa de agradecemento nun dos centros de maiores de Viana do Bolo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A localidade tamén realizou outros actos de Nadal como o ''Belén Agradecido'' e o recibimento dos Reis Magos con posterior desfile.

Debido as malas condicións meteorolóxicas o Concello de Viana do Bolo acordou trasladar a este mércores día 6 o ''Belén Vivinte''. O encontro será de 17:00h a 18:00h na Praza do Cabo da Vila e contarase con cerca de 50 figurantes que converterán as rúas no ''Barrio de Belén''.

Sen embargo, os actos de Nadal non remataron nisto. O luns 4 de xaneiro tivo lugar o ''Belén Agradecido'' co obxectivo de homenaxear a todos os traballadores que permaneceron en pé durante a pandemia. Así, realizáronse unha serie de actos diante do Centro de Saúde, o Cuartel da Garda Civil, a Residencia San Roque e a Residencia Valdegodos, nos que se fixo entrega dunha pequena placa de agradecemento en nome do concello e de toda a veciñanza.

Entrega da placa de agradecemento nunha das residencias de maiores da vila. | FOTO: Concello de Viana do Bolo. 

Ademais disto, cantóuselles un villancico ao persoal sanitario, corpos de seguridade e traballadores das residencias de maiores. Unha forma de agradecerlles todo o seu labor no municipio.

 Así lle cantaron panxoliñas á Garda Civil. | FOTO: Concello de Viana. 

Finalmente o día 5 de xaneiro déuselles a benvida aos Reis Magos dun xeito especial. Para evitar aglomeracións a recepción das súas Maxestades realizouse a través da canle de Youtube do concello, cerca das 16:00h. Despois disto, dispuxéronse a recorrer as aldeas para visitar aos máis pequenos e, finalmente, ás 19:00h realizaron un desfile polas rúas de Viana do Bolo.