Verín xa ten cartel para o Entroido 2020

Cartel do Entroido de Verín do 2020.

O Concello de Verín presenta o cartel do vindeiro Entroido, obra da artista local Aurora López. É o primeiro, dende que goberna o bipartito, que non se somete, como se viña facendo ata o de agora, á votación do público.

Emilia Somoza, concelleira de Cultura, presentou esta mañá no Concello de Verín o cartel do Entroido 2020. Este ano, encomendouselle o traballo a Aurora López. É a primeira vez que o actual grupo de goberno do bipartito PSOE-BNG opta por encargar o deseño a un profesional local.

Presentación do cartel do Entroido de Verín do 2020.