viernes. 19.04.2024
WhatsApp Image 2019-12-20 at 11.25.38
O Entroido de Verín premiado con 30.000 euros.

Aínda que nós xa o sabiamos, xa é oficial, o de Verín é o mellor Entroido de Galicia. 30.000 euros é o premio que nos dá Gadis, e isto permitirá que poidamos facer un Entroido aínda máis grande.

Feitas as comprobacións ante notario, o Entroido de Verín acabou sendo o gañador do concurso de Gadis, en contra do que se podía pensar porque a páxina web estaba facilitando uns datos distintos. Tras ditas comprobacións, o mellor Entroido de Galicia é o noso, o de Verín.

En segundo e terceiro lugar quedaron os municipios de Foz e Xinzo de Limia, que recibirán 5.000 euros cada un.

O de Verín, o mellor Entroido de Galicia