sábado 24.08.2019
O lugar será a Praza Maior

O venres 5 de abril poderá doarse sangue en Verín

A unidade móbil estará durante varias horas o día 5 de abril na Praza García Barbón.

Campaña 'Doa sangue'.
Campaña 'Doa sangue'.

A campaña de doazón de sangue #SúmateAoNosoEquipo, estará este venres  5 de abril na Praza García Barbón. Para todos aqueles que queiran acercarse e ser partícipes, a unidade móbil estará dispooñible de 10:15 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h.

Hai que lembrar que existen certos requisitos para facer unha doazón, coma ser maior de idade (18 anos) e pesar máis de 50 kg. Tamén debe levarse o carnet de doador, o DNI ou un documento similar e comentarlle ao médico alí presente se se está tomando algún medicamento. Así mesmo, se o posible doante fixo unha tatuaxe terá que esperar 4 meses para poder volver participar nesta actividade voluntaria.

Se tes algunha duda, podes preguntar na mesma unidade móbil ou mirar no seguinte enlace da web da Cruz Roja Española:  http://www.donarsangre.org/donantes-de-sangre/ .

O venres 5 de abril poderá doarse sangue en Verín
comentarios