viernes. 19.04.2024
O balneario de Cabreiroá.
O balneario de Cabreiroá será un dos lugares obrigados nunha das actividades desta fin de semana.

CINE

O Cinema Municipal de Verín proxectará dúas películas esta fin de semana.

Mientras dure la guerra: España. Verán de 1936. O célebre escritor Miguel de Unamuno decide apoiar publicamente a sublevación militar que promete traer orde á convulsa situación do país. Protagonizada por Karra Elejalde, Inma Cuevas e Luis Bermejo, entre outros. Unha película de drama de Alejandro Amenábar.

Abominable: Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shanghai. Un día, atopa a un xove yeti na azotea do seu edificio. A "abominable" criatura, que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada, está sendo buscada por toda a cidade. Yi e os seus amigos, Jin e Peng, axudarán ao yeti a fuxir. Dirixida por Jill Culton e Todd Wilderman, é unha película infantil que mistura animación, fantasía, aventuras e comedia.

VISITA GUIADA

"O mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez-Gulías".

O sábado, 16 de novembro, as 11:30 horas, con motivo do Día Mundial do Patrimonio, a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) escolle Verín para realizar un conxunto de visitas guiadas nas que os asistentes poderán visitar os edificios e espazos que construíron García Barbón e Vázquez Gulías.

Foron estes dous visionarios os que decidiron transformar unha aldea herdeira de fidalgos rentistas e feirantes contrabandistas, en paraíso balneario. Xosé García Barbón regresou ao seu berce con vontade decidida de transformala. O seu gran soño era converter Verín nun paraíso de paz arredor dos balnearios existentes (Sousas, Caldeliñas e Fontenova). A isto, súmase a construción dun Gran Balneario, Cabreiroá, para o que chamou a un excelente arquitecto da época: Daniel Vázquez-Gulías.

Para asistir a esta visita guiada, hai que reservar praza no mail: [email protected]. As prazas son limitadas.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

A Sala de Exposicións de Verín segue acollendo "Fragmentos da Natureza", unha mostra fotográfica que presenta unha visión da natureza en estado puro, con atención a cada especie e a cada paisaxe. O fotógrafo Brais Seara (Allariz, 1981) ofrece unha exposición con instantes únicos captados en Galicia, Finlandia, Alemaña, Escocia, Inglaterra ou España.

A mostra permanecerá aberta ó público ata o 23 de novembro. Horarios: de martes a sábado, de 12:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 horas a 21:00 horas.

FÚTBOL

O sábado, 16 de novembro, ás 18:00 horas, o Verín Sala xogará contra o Teis F. S. no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

E o domingo, 17 de novembro, ás 16:30 horas, o Verín Club de Fútbol xogará contra o Francelos Fútbol Club no Estadio José Arjiz de Verín. Unha nova oportunidade para animar ó equipo que xoga na Primeira Galicia nesta tempada 2019/2020.

Toma nota! Axenda de Ocio da fin de semana