Xoves. 28.03.2024
VERÍN E LAZA CONCENTRAN, NAS VINDEIRAS 72 HORAS, A MAIOR PARTE DA OFERTA LÚDICA

Velaí unha escolma de actividades para desfrutar desta fin de semana na bisbarra

Que vai bo tempo e tes ganas de desfrutar da natureza? En Laza hai andaina con visita patrimonial e cata gastronómica. Que prefires o teatro, Festival Entreculturas no Auditorio. Se es máis de exposicións hai unha sobre cartografía. Queres cinema? Dúas películas na Casa da Cultura. Pero se o teu é a música, temos concerto para acompañar ó vermut. E non esquezamos á nosa contadora de contos preferida, Raquel Queizás na Biblioteca de Verín. Ademais, chegou o circo a Verín!

X Festival de Teatro Entreculturas
X Festival de Teatro Entreculturas.

CONTACONTOS E MONICREQUES

Hoxe venres ás 18h. a Biblioteca Municipal de Verín recibirá a visita da contadora de contos máis famosa da bisbarra. Raquel Queizás presentará o seu espectáculo Travesías, contos que trasmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos, entre mulleres e homes. Mudemos o conto!: Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

travesias_2_clara

CINE

Ista fin de semana no Cinema Municipal de Verín poderemos ver dúas películas. Como sempre, as entradas estarán dispoñibles na taquilla 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

TOYSTORY_OQUEARDE

O que arde -- Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai,  Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona. Non recomendada para menores de 7 anos.

Toy Story 4 -- Woody sempre tivo claro cal é o seu labor no mundo e a súa prioridade: coidar ao seu dono, xa sexa Andy ou Bonnie. Pero cando Bonnie engade a Forky, un novo xoguete de fabricación propia, á súa habitación, arrinca unha nova aventura que servirá para que os vellos e novos amigos ensínenlle a Woody o grande que pode ser o mundo para un xoguete. Tódolos públicos.

EXPOSICIÓN

A Biblioteca Municipal de Verín mantén aberta a súa exposición Cartografía de Galicia: O rostro dun País, un percorrido polos mapas de Galicia dende o século XVII ata o XX, con especial interese na comarca de Verín. Podes visitala na Sala de Exposicións do Concello de Verín ata o 25 de outubro.

Cartografía02

MÚSICA AO VIVO

Estanse convertendo en tradición as sesións vermut da Viñoteca Gandainas. Este sábado 12, a partir das 13:30h haberá un novo concerto para amenizar as horas previas ó xantar. Dista vez será a quenda da Jack J Hutchinson Band, guitarrista e compositor británico de blues & rock. O seu álbum máis recente, Paint No Fiction, chegou ser o número 1 na lista de Blues de Amazon, ademais de estar no Top 5 de iTunes Blues Chart.

Música ao vivo nas sesións vermut da Viñoteca Gandainas - 2019-10-12

TEATRO

La Caja de Pandora segue festexando a décima edición do Festival de Teatro Entreculturas. Este sábado poderemos desfrutar da obra A Repartiçao no Auditorio de Verín ás 20:30h. O Grupo de Teatro Coelima chega a Verín dende Portugal coa intención de facernos rir ó longo da súa representación.

Entreculturas 2019-10-12

VIVE O CAMIÑO, EN LAZA

O programa de promoción da cultura deseñado pola Xunta de Galicia Vive o Camiño chega ó Concello de Laza este sábado, 12 de outubro, cunha xornada chea de actividades. A mañá será para facer unha andaina que percorre a Ruta ao Petroglifo das Pisadiñas, con saída dende a Casa do Concello ás 10h. A duración aproximada do percorrido será de dúas horas. 

Xa pola tarde haberá dous obradoiros no Auditorio do Concello. Primeiro será a quenda dos adultos, ás 17h., co relatorio Memorias de Prata; a continuación tocaralles ós cativos co obradoiro infantil Xogando coa Natureza, a partir das 18h. Mesma hora e mesmo lugar para a seguinte actividade da xornada: a degustación gastronómica Catar o Camiño

vive o camiño laza 2019-10

CIRCO

O Circo Inimitable chega a Verín por primeira vez para ofrecer o seu espectáculo "Pinocho y la Estrella Azul", un show para toda a familia. Pinocho, o monicreque máis coñecido, e o seu inseparable Gepetto vivirán mil aventuras tentando chegar ó arco da vella para atopar a fada Estrella Azul. A gran carpa do Circo Inimitable está na Avenida de Laza, como é costume; baixo ela actuarán paiasos, acróbatas e motoristas en varias funcións durante toda a fin de semana. Hoxe venres haberá unha única función ás 19h; o sábado, dúas, ás 17h e ás 19:30h; o domingo, ás 12h e ás 17h.

Circo Inimitable

Velaí unha escolma de actividades para desfrutar desta fin de semana na bisbarra