viernes. 19.04.2024
A axenda da fin de semana achega numerosas actividades.
A axenda da fin de semana achega numerosas actividades.

CINEMA

O Cinema Municipal de Verín proxectará dúas películas esta fin de semana.

Downton Abbey: 1927. A familia Crawley e a súa carismática servidume prepáranse para o momento máis crucial das súas vidas. Unha visita do rei e da raíña de Inglaterra desatará unha situación de escándalo, romance e intriga que porá en perigo o futuro de Downton. Esta filme dramático de época está baseado na popular serie de televisión británica Downton Abbey, dirixida por Michael Engler.

La familia Addams: Volve a peculiar e macabra familia Addams, un clan liderado por Morticia e Gómez, os pais de Miércoles e Pugsley. A familia complétase co alegre e caótico tío Fétido e maila abuela Addams. Eso si, nesta ocasión terán que facer fronte a unha archi-inimiga: Margaux Needler. Esta película de animación para nenos a partir de 10 anos, está dirixida por Conrad Vernon e Greg Tiernan.

Cine en Verín: Downton Abbey e La familia Addams.

XORNADAS MICOLÓXICAS

A segunda edición das xornadas micolóxicas "Rocos, turtullos e cacabinas" terán lugar no Museo Claustro Mercedario esta fin de semana. Arrincarán o sábado ás 10:00 horas coa sesión teórica impartida polo experto en micoloxía Rafael Castro Vaamonde. A continuación comezará a saída ao campo para a recollida de exemplares. 

A tarde do sábado estará dedicada á clasificación das especies e exemplares recollidos para, xa ás 20:00 horas, trasladarse ao restaurante O Regueiro da Cova, onde a recoñecida cociñeira Begoña Vázquez realizará un showcooking con delicias micolóxicas. A continuación, haberá unha cea de confraternización.

O domingo, o Museo Claustro Mercedario acollerá unha exposición micolóxica, na que se disporá un apartado especial sobre identificación de especies parecidas que poidan entrañar riscos alimentarios. O prezo da asistencia será de 10€, previa inscrición no propio museo ou mail: [email protected].

II Xornadas Micolóxicas Rocos, turtullos e cacabinas

CUALEDRO

O Concello de Cualedro organiza unha tarde de micoloxía hoxe venres, 22 de novembro. Será a partir das 16:00 horas no Centro de Interpretación dos Castros. O obxectivo da actividade é dar a coñecer as especies micolóxicas que existen na zona e aprender a recoñecelas sen perigo. A xornada é de balde, previa inscrición a través do teléfono: 988.424.004

20191122_ xornada micolóxica

MAGOSTOS

Dadas as condicións climatolóxicas da pasada semana, o magosto popular da Gudiña pospúxose para este domingo, 24 de novembro, que se celebrará na Praza Maior, a partir das 19:00 horas. Castañas e bo ambiente serán a tónica desta celebración.

Magosto popular na Gudiña.

E A Mezquita tamén celebrará esta fin de semana o seu magosto popular. Este sábado, 23 de novembro, realizaranse diferentes actividades. Ás 17:00 horas elaborarase pan no forno do pobo, momento amenizado por unha gaiteirada. Impartirase un obradoiro de elaboración de bolos recheos para nenos e nenas.

Ás 20:00 horas será o turno do magosto popular na Casa da Cultura. Cea e serán cos gaiteiros e pandeireteiras da Mezquita.  Este magosto tamén inclúe varios concursos. O Concurso de Postres elaborados con castañas, o Concurso Apañacastañas con premio para a persoa que máis castañas logre apañar, e o Concurso Oquilo. Todos eles con premios. 

Magosto popular na Mezquita.

PRESENTACIÓN DE LIBROS

Basi e os seus amigos.

Basi e os seus amigos é un conto infantil que agocha a historia dun basilisco máxico, respectuoso, decidido e diferente. Julia Rivada, a autora do libro, e Víctor Rodríguez, o encargado de darlle cor e forma a Basi, presentarán este venres na biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite o libro ás 19:30 horas. Na presentación falarán do proceso de creación do libro, da historia que agocha e de todo o que lles aportou Basi e os seus amigos.

Basi e os seus amigos, de Julia Rivada.

D. Xesús Taboada Chivite: dende o seu fisterre tamagán.

Este venres 22 de novembro, ás 19:30 horas, Lorena Carnero Pérez presentará no salón de actos de Verín o seu libro D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán. O libro, editado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, contén o conxunto de separatas que publicou Xesús Taboada Chivite en multitude de revistas especializadas en etnografía e arqueoloxía. Completouse cunha biografía intimista que nos leva a coñecer ao escritor dun xeito máis próximo, todo relacionado coa correspondencia que D. Xesús mantivo cos seus coetáneos ao longo da súa vida.

O acto de presentación, organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, contará coa presenza do Director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar. Tamén estarán acompañando á autora, D. Xaquín Lorenzo (Xocas) e D. Xerardo Dasairas.

D. Xesús Taboada Chivite: dende o seu fisterre tamagán, de Lorena Carnero.

MÚSICA

Na honra da patroa da música e dos músicos, Santa Icía, o Conservatorio de Música de Verín celebrará este sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, un concerto no Auditorio Municipal de Verín. No concerto participarán os alumnos do conservatorio e todas as agrupacións que forman parte da cultura de Verín.

Concerto na honra a Santa Icía.

TEATRO

O venres, 22 de novembro, ás 20:30 horas, representarase no Auditorio Municipal de Verín a obra "Fillos do Sol", dirixida por Cándido Pazó e destinada a público dende os catorce anos. "Fillos do Sol" é unha peza teatral emotiva e divertida sobre os derradeiros anos de Eduardo Pondal.

Coproducida por CONTRA Produccións e Flot Carballo, a representación teatral, de carácter gratuíto, está incluída no programa de Dinamización Linguística da Xunta de Galicia (FalaRedes).

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

A Sala de Exposicións de Verín acolle "Fragmentos da Natureza", unha mostra fotográfica que presenta unha visión da natureza en estado puro, con atención a cada especie e a cada paisaxe. Cada humano ten unha visión persoal, a contorna percíbese de xeito distinto a expensas de quen a mire ou dependendo do momento. O fotógrafo Brais Seara (Allariz, 1981) ofrece unha exposición con instantes únicos captados en Galicia, Finlandia, Alemaña, Escocia, Inglaterra ou España; imaxes que reflicten o camiño entre o observado, o interpretado e o que el mesmo quere transmitir.

A mostra permanecerá aberta ó público ata o 23 de novembro. Horarios: de martes a sábado, de 12:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 horas a 21:00 horas.

EXPO-BRAIS-SEARA_web

FÚTBOL

Domingo, 24 de novembro, ás 16:15 horas, o Monterrei Club de Fútbol xogará contra o Covadonga no Estadio Rozabales de Albarellos. Unha nova oportunidade para animar ó equipo que xoga na Primeira Galicia, Grupo 4º Ourense, nesta tempada 2019/2020. Será a duodécima xornada da tempada.

20191124 Monterrei CF

Toma nota! Axenda de Ocio da fin de semana