viernes. 19.04.2024
210317XLSVianaDoBolo-min
Reunión telemática da Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, destaca o incremento da labor da Garda Civil en canto ó numero de investigados. 

Hoxe pola maña, este reuníuse coa Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo, para analizar os datos de seguridade cidadá e de violencia de xénero do lugar.

González comezou a asamblea agradecéndolle ós representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FCSE) presentes a profesionalidade que desmostraron, así como a súa capacidade de traballo á hora de compaxinar as labores da pandemia cas de protección.  

O subdelegado tamén destacou o acrecentamento da cifra de infraccións administrativas con respecto ó ano pasado no concello. Este aumento débese principalmente ó incumprimento da nova normativa establecida fronte á COVID-19, que deu lugar a certas sancións de carácter administrativo.  

En Viana do Bolo producíuse un incremento das infraccións penais, o que supuxo que a taxa de criminalidade aumentase en sete puntos con respecto ó período anterior, situándose así en 11 infraccións penais por cada 1.000 habitantes. A pesar disto, González manifestou que "os niveis de seguridade que mantén o municipio seguen facendo deste un lugar seguro en relación con outros de poboación similar". 

En canto ós datos que falicitou a Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, indican que, actualmente, no sistema VioGén hai un total de tres casos activos no municipio (dous de risco baixo e un de risco non apreciado). En todos eles se conta con medidas xudiciais de prohibición de aproximación e comunicación. 

Un Plan Estratéxico ante o consumo e tráfico de drogas minorista e un Plan Director como resposta policial

Outro dos puntos da orde do día foi o de establecer a activación do Plan Estratéxico de resposta policial ó consumo e tráfico de drogas minorista en zonas, lugares e locais de ocio do municipio, a través do cal as FCSE desenvolverán actuacións para previr e reducir a oferta de estupefacientes ós consumidores, principalmente entre a mocidade. Tamén se intentará evitar a condución de vehículos a motor baixo a influencia de narcóticos tóxicos ou bebidas alcohólicas

Con respecto ó Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, destacouse que a maior parte das actividades programadas nos centros escolares do concello para este curso se están retomando de forma telemática. Aquí entran as charlas informativas dos equipos especializados das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre temas como os riscos das novas tecnoloxías e as redes sociais, acoso escolar, bandas xuvenís e violencia de xénero. 

O subdelegado do Goberno explicou que é moi importante que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil continúen coa actividade do Plan Director, xa que é unha ferramenta moi valorada pola comunidade educativa. 

Sinalouse tamén que se manteñen os dispositivos de vixilancia por parte da Garda Civil e da Policía local nas proximidades dos centros de estudo, coa finalidade de combater e previr o tráfico, tenencia e consumo de drogas, así como todo tipo de condutas violentas. 

A taxa de criminalidade en Viana do Bolo aumentou no 2020