mércores 03.06.2020
Baixos de decenas de vivendas anegados en Verín

A pertinaz chuvia coloca a comarca este venres nunha situación crítica

O temporal Elsa segue a causar estragos e incidencias na comarca. O río Támega desbordouse ó seu paso por Verín e numerosos baixos quedaron asolagados polas fortes chuvias. A predición meteorolóxica para as vindeiras xornadas pon en alerta á comarca. 

 

Desbordamento do río Támega ó seu paso por Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
Desbordamento do río Támega ó seu paso por Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Tras unha noite na que a preocupación estivo presente nas veciñas e nos veciños da comarca, a situación segue a ser vulnerable. A incertidume de que o río Támega se desbordase ó seu paso por Verín, resolveuse ás 11:00 horas, cando rematou por botarse na rúa Támega. O nivel de alerta entre a veciñanza é alto.

Como consecuencia do acontecido, o evento programado para este sábado, 21 de decembro, o I Ciclocrós Vila de Verín queda suspendido. Así o comunicou a Federación Galega de Ciclismo esta mañá.

Desbordamento do río Támega. | VÍDEO: Xosé Lois Colmenero.

                  

O río Támega no Olivar ás 12:30 horas da mañá. | VÍDEO: Xosé Lois Colmenero.

As fortes chuvias causaron estragos en decenas de vivendas, asolagando numerosos baixos e causando importantes danos materiais. Estase a traballar arreo para intentar minimizar todo o posible o custo destes danos.

WhatsApp Image 2019-12-20 at 10.56.36Casa en Rúa das Tuelas, en Cabreiroá. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

WhatsApp Image 2019-12-20 at 11.06.03Casa en Avenida Vicente Lorenzo, en Cabreiroá. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

En Pazos, a situación é crítica, e o estado do río ás 12:30 horas desta mañá é o seguinte:

O río Támega ó seu paso pola área recreativa de Pazos. | VÍDEO: Xosé Lois Colmenero.

En Vilaza as veciñas e veciños permanecen expectantes ante o desbordamento do río Bubal. Eles aseguran que é un feito que acontece practicamente todos os anos. A Alameda segue asolagada por completo.

Expectación ante o desbordamento do río Bubal en Vilaza. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.Expectación ante o desbordamento do río Bubal en Vilaza. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

No municipio do Riós, a estrada OP-0000, que une as localidades de Castrelo de Cima e Mourisco, quedou cortada ó tráfico polo afundimento do terreo adxacente e parte do firme. Cabe salientar que non quedan nucleos de poboación aislados ao existir outras vías practicables.

WhatsApp Image 2019-12-20 at 11.01.15Situación da estrada no termo municipal de Riós. | FOTO: Guardia Civil de Tráfico.

Na estrada OUP-0000 (N-525, Erosa), no termo municipal da Gudiña, a situación é crítica. Pechouse a circulación ó tráfico polo afundimento da calzada, que causou que un membro do GES A Gudiña rompera unha perna, debido a que o terreo cedeu. Este foi trasladado ó Hospital de Ourense.

O alcalde da Gudiña, José María Lago, informa de que tratarán de ter restablecido o tráfico a última hora desta tarde ou mañá pola mañá, pois van facer unha obra de urxencia debido a que se prevé que as condicións meteorolóxicas empeorarán.

WhatsApp Image 2019-12-20 at 11.46.49Situación da estrada en Erosa. | FOTO: Guardia Civil de Tráfico.

Predición meteorolóxica

Para os vindeiros días espéranse fortes chuvias, polo que a situación continuará sendo crítica na comarca. O sábado Galicia quedará baixo a influencia dunha profunda borrasca, denominada "Fabien", que deixará un temporal de vento. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos ocasionalmente fortes e localmente tormentosos. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará forte do sudoeste con intervalos moi fortes na segunda metade da xornada do sábado. O domingo continuará o réxime de ventos do suroeste. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos, con chuvias pola mañá que irán remitindo a partir do mediodía. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará forte do sudoeste.

fotoPredición meteorolóxica para os vindeiros días. | Fonte: Aemet.

A pertinaz chuvia coloca a comarca este venres nunha situación crítica
comentarios