Venres. 29.03.2024
María Xesús Blanco, da clínica veterinaria Albeitar, insiste na necesidade de someter a análises aos animais das cacerías

Os riscos de consumir carne dunha batida sen control sanitario

En España, a meirande parte dos brotes de triquinelose que se producen débense polo consumo de carne de xabarín procedente de cacerías sen control sanitario, a inxesta de carne procedente de matanzas domiciliarias, ou a mezcla de ambas carnes en embutidos. Por iso que, dende clínica veterinaria Albeitar, insisten na necesidade de someter a análises oportunas as cartes obtidas nesas prácticas. 

En España, a meirande parte dos brotes de triquinelose que se producen débense polo consumo de carne de xabarín procedente de cacerías sen control sanitario. | FOTO: J. J. Gómez.

A pandemia da COVID - 19 amosounos a relación que existe entre determinadas enfermidades animais que poden ser facilmente transmisibles ós seres humanos, por eso é importante establecer unhas medidas de prevención e control. Faise necesario así o impulso de "unha única saúde" (OneHealth) cun enfoque interdisciplinar no coidado da saúde das persoas, dos animais e do medio ambiente xa que a conexión entre elas é evidente.

Coa caza comezada na nosa comarca, actividade moi arraigada e de alta participación nas batidas e cacerías organizadas en todos os concellos que a compoñen, é moi importante coñecer os riscos sanitarios que conleva o consumo destas carnes sen control veterinario.

Sintomatolxía da triquinose

A "triquinose" ou "triquinelose" é unha enfermidade provocada polas larvas do verme Trichinella spiralis, parásito dos xabaríns, porcos e cabalos. Constitúe un risco para a Saúde Pública xa que a súa transmisión prodúcese cando se come carne que contén larvas deste nemátodo. Os vermes poden producir intensas reaccións alérxicas e inflamatorias que provocan febre e dores musculares. A nivel intestinal orixinan náuseas e diarreas. A gravidade da enfermidade depende da cantidade de larvas inxeridas. Unha alta taxa pode resultar fatal.

Repunte de positivos en triquinella

Nos últimos tres anos, as profesionais dos centros sanitarios veterinarios estamos notando un repunte de xabaríns positivos á triquinella. Para ser máis explícitos, durante a tempada anterior alertouse de catro xabaríns positivos cazados en diferentes batidas nos concellos da comarca.

Este aumento de casos explícase sobre todo pola alteración dos ecosistemas, moitos deles debido á acción humana, como as repoboacións con especies forestais que non lle aportan alimentos, o que fai que busquen alimentos e teñan maior mobilidade.

É moi importante, porén, que a carne de xabarín pase os controis sanitarios veterinarios para evitar a propagación deste parásito.

A salazón, o afumado e o desecado non son eficaces na eliminación da triquinela

A salazón, o afumado e o desecado non son eficaces na eliminación da triquinela. Os xamóns e embutidos elaborados con carnes sen control veterinario, son posibles transmisores desta enfermidade se o animal estivese parasitado.

A recollida das mostras deben facerse do diafragma (tela que separa a cavidades torácica e abdominal), da lingua ou da musculatura da pata dianteira. Débese recoller alomenos 100g de carne libres de graxa e é imprescindible manter a trazabilidade desa mostra, isto é, non mezclar as carnes de varios xabaríns e correlacionar cada un coa mostra que se analiza.

En España, a meirande parte dos brotes de triquinelose que se producen débense polo consumo de carne de xabarín procedente de cacerías sen control sanitario, a inxesta de carne procedente de matanzas domiciliarias, ou a mezcla de ambas carnes en embutidos.

Os riscos de consumir carne dunha batida sen control sanitario