Xoves. 28.03.2024
Moitos establecementos permanecerán pechados para previr o contaxio de Coronavirus. | FOTO: Concha Caneiro.
Moitos establecementos permanecerán pechados para previr o contaxio de Coronavirus. | FOTO: Concha Caneiro.

O estado de alarma confina a toda a poboación nas súas casas, podendo saír a rúa tan só en situacións de necesidade, como ir ó supermercado, por cuestións sanitarias ou para axudar a unha persoa dependente. O trafico en Verín nesta mañá de luns era reducido se se compara cun día normal, pero para a situación na que se atopa o país, había exceso de viandantes. A Garda Civil vixiaba as rúas e paraba a aquel que estaba incumplindo as normas, podendo ser multados. Ante esta situación, Verín segue mantendo diversos establecementos abertos que funcionan con normalidade -dentro do posible- para que á veciñanza non lle falte ningún ben ou servizo de primeira necesidade.

Quen son os que fan posible isto?

O sector da sanidade. Médicos, enfermeiros, celadores, farmacéuticos, condutores de ambulancias e todos aqueles que xogan un papel na sanidade están mañá, tarde e noite dispoñibles para calquera incidencia.

Os farmacéuticos tomaron medidas para manter a seguridade. | FOTO: Concha Caneiro.Os farmacéuticos tomaron medidas para manter a seguridade. | FOTO: Concha Caneiro.

Os supermercados, os establecementos alimentarios e esas pequenas tendas de barrio que abren cada día para que calquera persoa poida mercar o que precisa. A pesar de que o Goberno pide que se evite a concentración de persoas, nalgúns supermercados da vila isto non se cumpre. Mercadona, en cambio, controlará as súas entradas para evitar ditas aglomeracións.

super (FILEminimizer)Os supermercados seguen a ser lugares onde máis xente se concentra. | FOTO: Concha Caneiro.

O sector do transporte segue en activo e traballando con normalidade, incluso máis horas, para que en cada vila de España non falte de nada. Persoas que andan dun lado a outro, expóndose ó risco de contaxio, seguen a ir dalá para aquí, amosando solidaridade ante o que está a acontecer.

camion (FILEminimizer)O sector do transporte segue funcionando para garantir uns servizos mínimos. | FOTO: Concha Caneiro.

 

O servizo de recollida de basuras e os varrendeiros traballan día a día para que as rúas se manteñan limpas e, así, tentar que a hixiene prevaleza.

basureroOs servizos de recollida de basura e limpeza nas rúas seguen activos. | FOTO: Concha Caneiro.

As empresas de paquetería reducen o seu horario e toman precaucións, pero seguen traballando para que os cidadáns poidan seguir comunicados con outros lugares. No tocante á comunicación, o sector das telecomunicacións segue en activo, pero os seus traballadores piden que a veciñanza sexa responsable e non pida asistencia se non é en caso de avarías ou extrema urxencia. O primeiro é garantir a seguridade de toda a poboación.

correosAs empresas de paquetería seguen distribuíndo, aínda que con horario reducido. | FOTO: Concha Caneiro.

As gasolineiras seguen abertas para o abastecemento de combustible, aínda que debe ser o usuario o que encha o depósito do seu vehículo, para que os seus traballadores non se expoñan a riscos innecesarios.

gasolinera (FILEminimizer)Nas gasolineras o condutor debe encher el mesmo o depósito do vehículo. | FOTO: Concha Caneiro.

Os establecementos nos que se vende prensa poden permanecer abertos. Os estancos tamén.

quiosco (FILEminimizer)Para que a prensa chegue ós fogares, estes establecementos permanecen abertos. | FOTO: Concha Caneiro.

Algúns establecementos teñen orde de permanecer pechados, como bares e restaurantes, mentres que outros poden decidir se abrir ou non. En Verín, as perruquerías atenderán a domicilio, as tintorerías poden abrir e os talleres decidiron tomar medidas de protección. Segue traballando arreo o sector da comunicación, o persoal das residencias de maiores, e todos os membros dos corpos de seguridade.

Esquecemos moitas veces a todas esas persoas que, querendo quedar na casa para non correr ningún risco, saen a rúa en dirección ó seu posto de traballo para facer -dentro do posible- que prevaleza a normalidade, polo que ante esta situación, pídese responsabilidade e solidaridade por parte de toda a cidadanía. Deste modo, a pandemia cesará canto antes e poderemos volver a verdadeira normalidade.

Quen son os traballadores que seguen en activo en Verín?