martes. 23.04.2024
Ludoteca O Axóuxere da Pepita de Viana do Bolo. | FOTO: Iván Iglesias
Ludoteca de Viana do Bolo. | FOTO: Iván Iglesias.

O PSOE de Viana do Bolo defenderá no próximo pleno municipal a ampliación do número de prazas na gardería pública infantil, coa súa correspondente dotación de persoal e material, para que as familias non teñan que desprazarse varios quilómetros ata o Concello de Vilariño de Conso para ter este servizo. 

Segundo recollen nun comunicado, neste intre algunhas familias vense obrigadas a desprazarse a outro Concello para poder desfrutar deste servizo por mor da "carencia de prazas" que hai na localidade, "cos contratempos que isto supón". 

Dende esta formación, critican a "falta de vontade" e tamén de axudas do goberno municipal para dar solución a estas carencias malia que nos últimos anos "incrementáronse de maneira significativa" os nacementos no municipio. "Cousa que si acontece noutros concellos co establecemento de incentivos e axudas económicas que animan a incrementar os nacementos". 

  

Por isto motivo, emprazan ó Concello a ampliar o número de prazas e que as familias non teñan que percorrer a diario os “vintecatro quilómetros en busca de atención para os seus fillos”.

O PSOE de Viana pide máis prazas de gardería para evitar desprazamentos