sábado. 20.04.2024
O venres falará o alcalde na Casa da Cultura e o sábado será Diego Lourenzo quen dea o mitin na praza da Mercé

PSdeG e BNG saen á rúa esta fin de semana cos actos centrais de campaña para as municipais

Ás 00,00 horas deste xoves día 10 dará comezo a campaña das eleccións municipais en todo o territorio nacional. Os verinenses non terán que agardar moito para coñecer as propostas das dúas formacións que integran o actual equipo de goberno: PSdeG e BNG. O candidato a revalidar a alcaldía, Gerardo Seoane, falará o venres na Casa da Cultura. Diego Lourenzo, o teniente de alcalde e cabeza de lista nacionalista, pechará o acto do sábado na Praza da Mercé se as condicións climatolóxicas o permiten.

cenamitin
O secretario dos socialistas galegos, saúdando aos simpatizantes no último dos actos de campaña do PSdeG antes das eleccións xerais.

Comezan a quentar os motores para o pistoletazo de saída da campaña destas municipais. No que queda de semana, as dúas formacións que integran o bipartito de Goberno no Concello de Verín convocan a filas aos seus siareiros. O primeiro en facelo será o rexedor Gerardo Seoane, independiente que volve de novo a encabezar a lista dos socialistas galegos. Este venres, dende ás 20:30 horas, simpatizantes e todos aqueles que non o sexan pero que desexen coñecer as propostas para o vindeiro mandato, poden acudir ao mitin que terá lugar na Casa da Cultura da vila.

Non tardará moito máis tempo en celebrar o seu mitin central de inicio de campaña o Bloque Nacionalista Galego. Diego Lourenzo Moura, o teniente de alcalde e voceiro do Concello de Verín, ademais de candidato á alcaldía pola formación nacionalista, será o último en pechar o acto do BNG no que participarán, por orde de aparición, a actual edila de Cultura, Emilia Somoza -número 2 da lista-, Ana Miranda -eurodeputada e candidata á reelección- e a portavoz nacional do BNG, a parlamentaria Ana Pontón

O acto público será ás 12,30 horas na praza da Mercé sempre que as condicións climatolóxias o permitan. No caso de que así non sexa, será a Casa de Cultura da vila a institución que acolla o mitin de apertura de campaña do BNG en Verín.

PSdeG e BNG saen á rúa esta fin de semana cos actos centrais de campaña para as municipais