Xoves 23.05.2019
Os compadres serán, este xoves, os encargados de darlle a benvida á troula

Chegan á praza da Alameda as primeiras atraccións do Entroido

As primeiras atraccións deste Entroido 2019, entre elas, o lexendario "Saltamontes".
As primeiras atraccións deste Entroido 2019, entre elas, o lexendario "Saltamontes".

A praza da Alameda está a recibir, ao longo da mañá de hoxe, ás primeiras atraccións da festa máis característica da vila de Verín. Un par de vehículos articulados ocupan dende a primeira hora deste luns parte da súa superficie, e tamén xa están comezando a estacionar outras barracas nas inmediacións da mesma.

A apertura oficial da festa terá lugar o vindeiro domingo de Corredoiro coa lectura do pregón, aínda que serán os homes os que xa este xoves o fagan de xeito real na noite de Compadres.

Chegan á praza da Alameda as primeiras atraccións do Entroido
comentarios