¿Queres traballar no "gastrobar" Na Verza da praza da Alameda?
A xerencia do recentemente inaugurado "gastrobar" Na Verza, na praza da Alameda, número 25 de Verín, selecciona nestes días un cociñeiro para por en marcha a súa cociña no vindeiro mes de setembro.
Dende as doce mañá e ata que o último cliente decida abandonar o establecemento, permanece aberto un novidoso local de ocio que ofrece ao público en xeral varios ambientes ben diferenciados, dende un comedor para degustar as súas tapas; un pequeno recuncho para a lectura e os xogos e, incluso, un diáfano espazo con extraordinarias e privilexiadas vistas ao castelo de Monterrei.
Todo o anterior, non desmerece nada á ampla terraza posterior con saída ao paseo do río, onde ben se pode optar por unha mesa ou relaxarse nos conxuntos de tresillo que tamén están a dispor dos clientes.
Os interesados en formar parte do equipo de Na Verza deberán entregar en persoa o seu currículum no propio establecemento, a partires das doce do mediodía.