Martes. 19.03.2024
Josef Eisele e a súa dona, Sonia García.
Josef Eisele e a súa dona, Sonia García.

Hola de novo AMIGO, si AMIGO con maiúsculas, porque ti fuches grande en todos os sentidos e enorme é o vacío que deixas, máis grande aínda pola maneira en que nos deixaches por culpa desta maldita enfermidade que nos ten a todos illados nas nosas casas e que impediu que poidésemos despedirnos como ti te merecías, cunha aperta, cun sorriso e cun xesto amable.

Os que te coñecemos botarémoste de menos pero quero que saibas que entraches en nós e en nós seguirás vivo porque deixaches una fonda pegada en todos os que te tratamos, porque a túa conversa animada e intelixente aportaba sabiduría, porque a túa personalidade irradiaba calma e paz aínda cando moitas veces estabas sufrindo, preocupado ou enfadado. Porque non facía falta pedirche axuda e sempre te anticipabas, polo teu saber estar, porque aínda nos momentos máis duros da túa boca só saían palabras amables.

Ti eras un cidadán do mundo, ti eras de onde estabas e onde estabas botabas raíces e asentabas na xente e repartías o bo humor que sempre te acompañaba

Fuches grande, moi grande, fixeches amigos por onde fuches, e fuches por moitos sitios, ti sempre dicías que eras alemán e riámonos cando contabas como facías de turista cando te paraban no coche e sacabas o teu carné alemán.. YA, SEÑORRR AGENTE… Pero non, ti eras un cidadán do mundo, ti eras de onde estabas e onde estabas botabas raíces e asentabas na xente e repartías o bo humor que sempre te acompañaba.

Fuches un loitador en batallas propias e alleas, loitaches polos teus, loitaches polos amigos e loitaches por todos. Fuches, sen querer destacar, una das persoas que máis loitaron polo noso Hospital, investigando, tratando coa prensa, dando a cara nas redes, aportando canto puideches. Moitos pensarán que o facías porque Sonia era quen era pero os que te coñecemos de verdade, os que loitamos contigo, sabemos que non era polo paridoiro, non era por Sonia, non era por ti. Era por todo, porque o Hospital de Verín é de todos e defendéndoo axudabas a todos.

Fuches un loitador en batallas propias e alleas, loitaches polos teus, loitaches polos amigos e loitaches por todos. Fuches, sen querer destacar, una das persoas que máis loitaron polo noso Hospital, investigando, tratando coa prensa, dando a cara nas redes, aportando canto puideches

Dóeme tanto que dende onde estás non poidas consolar a Sonia, a Janine e a Talissa, as túas fillas, e aos teus pais, que están desfeitos pola dor, que non puideron despedirse de ti nin acompañarte.

Nós perdemos a un AMIGO, Sonia perdeute a TI con todo o que TI es para ela. Se a perda é irreparable en circunstancias normales, así é demoledora… e os que estamos máis unidos a vós sabémolo. Por teléfono non se pode estar, porque estar é compartir a pena xuntos e esta enfermidade é moito máis cruel que calquera outra, porque aílla, porque non permite despedirse nin compartir a pena, porque nos obriga a sufrir sós… pero non te preocupes, sabes que podes contar con nós, que imos estar con ela para apoiala en todo canto poidamos. Tí farías o mesmo.

Sinto non ter compartido contigo máis tempo, máis conversas, máis momentos, sinto tantas cousas, pero xa é tarde. Cada vez que penso en ti, e dende que souben que nos deixaras, non podo deixar de pensar en ti, corren as bágoas… Sei que ti non querías iso pero non podo evitalo. Mentras escribo isto non podo deixar de chorar.

Nunca poderei dicirche todo que te vou botar de menos, pero falarei a miúdo contigo, dedicareiche os meus recordos, vivirás na miña memoria e tentarei facer realidade o que en varias ocasións che dixen de broma: de maior quero ser coma ti.

Ata sempre AMIGO!

NOTA DA REDACIÓN: Diario do Támega súmase á dor que nestos intres poden estar experimentando tanto a sua viúva Sonia como fillas, familiares e amigos de Josef. Dende aquí, queremos facerlle chegar o noso máis sentido pésame. Josef Eisele foi un exquisito, atento e dedicado colaborador deste medio nas nosas tarefas informativas. Gañouse o noso respecto e afecto. Faleceu este 31 de marzo de 2020. D. E. P.  

OBITUARIO | Josef Eisele, un loitador de sorriso afable e bo humor