xoves 09.04.2020
A loita continúa sen descanso

Sábado 28 de decembro, ás 12:00 horas, badaladas ó carón do Hospital de Verín

A Comisión Delegada do Hospital de Verín e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei organizan un fin de ano especial, amosando o apoio á situación que está a vivir o centro hospitalario.

Badaladas ó carón do Hospital o sábado 28 de decembro, ás 12:00 horas.
Badaladas ó carón do Hospital o sábado 28 de decembro, ás 12:00 horas.

Xa pasou máis dun mes dende que o Sergas anunciou o peche do paridoiro e as urxencias pediátricas do Hospital de Verín. Dende entón, persoal sanitario e veciñanza uníronse nunha loita que non está a pasar desapercibida. O ánimo e a enerxía baixo o lema "Verín non se pecha" seguen presentes, e por iso, a Comisión Delegada do Hospital de Verín e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei organizan para este sábado, 28 de decembro, un fin de ano especial, no que se darán as badaladas ás 12:00 horas.

A cita, que se amosa como un apoio a todos os perxudicados ante a situación do Hospital de Verín, é diante do Campo de Fútbol José Arjiz. Dende a organización alentan a todos a acudir e recordan que é preciso que cada un leve o seu propio cotillón. Tras as badaladas haberá unha foliada en defensa da sanidade pública, con cantos de protesta e música, que se poderá alargar ata ben entrada a tarde porque haberá para comer polbo, bocadillos nos diferentes postos que se instalarán e tamén comida nos bares da contorna.

A organización pide participación, e así, cantar tan forte que se escoite. O sábado, os veciños e as veciñas da comarca poderán vivir unha previa a fin de ano diferente, baixo o berro de "Verín non se pecha".

Sábado 28 de decembro, ás 12:00 horas, badaladas ó carón do Hospital de Verín
comentarios