jueves. 18.04.2024
Foron vestidos en público e sairon logo a correr polo casco vello de Verín

O bautizo na praza da Mercé rendeu homenaxe a un mito da festa, Miguel "do Encanto"

Oito son os novos cigarrón, do milleiro que xa se contabilizan na vila, os que na tarde do sábado e da man da Asociación Cigarrón de Verín se incorporaron a esta sorte de orde ancestral. No escenario foron vestidos seguindo as instruccións do presidente do colectivo, Juan Carlos Castro. Logo, Modesto Meno oficiou de mestre da cerimonia de incorporación.

Os novos integrantes foron vestidos polos seus familiares no escenario, seguindo as instruccións do presidente da Asociación, Juan Carlos Castro.
Os novos integrantes foron vestidos polos seus familiares no escenario, seguindo as instruccións do presidente da Asociación, Juan Carlos Castro.

A xornada do sábado de Entroido tivo como acto máis representativo o bautizo dos novos cigarróns, promovido pola Asociación Cigarrón de Verín e no que se lle da a benvida aos cativos -e non tanto, como aconteceu nesta última edición- a unha sorte de comunidade que fai que todo aquel que viste o traxe acabe por obter una completa transformación. Ademais, recoñeceuse públicamente a figura doutro valedor da festa, Miguel "do Encanto", que aínda que lle cedeu o protagonismo ao seu fillo Xandre á hora de recoller o recoñecemento estivo presente entre o público. Miguel recibíu da Asociación Cigarrón de Verín unha réplica da que foi a súa careta cando corría o Entroido pola vila.

Así, dende este sábado, entre o milleiro de cigarróns de Verín que xa se contan, están de xeito oficialmente recoñecido polo mestre de cerimonia Modesto Meno os seguintes: Luís Álvarez Gamote -o máis medrado de todos eles, 49 anos-, Marcos Villa San Martín (9 anos), Álex Ferreira Saraiva (15 anos), Iago San Martín Costela (9 anos), Sofía González Pérez (5 anos), Agustín Garza Hernando (7 anos), José Cid Fernández (8 anos) e Nerea Salgado Rodrigues (10 anos). Logo de seren vestidos seguindo as instruccións do presidente da Asociación Cigarrón de Verín, Juan Carlos Castro, os novos integrantes sairon a correr polas rúas do casco vello da vila.

O acto, que ateigou a praza da Mercé, onde non faltou a música dunha discoteca móbil, rematou coa entrega dunha careta de cigarrón e unha zamarra aos premiados no sorteo que no mesmo lugar se celebrou.

O bautizo na praza da Mercé rendeu homenaxe a un mito da festa, Miguel "do Encanto"