viernes. 19.04.2024

O Concello de Viana do Bolo vén de facer pública a oferta de contratación temporal dun dinamizador do territorio, que preste especial atención á muller e ao rural

Así o recolle a resolución da alcaldía na que se publican as bases da convocatoria dun posto de traballo que será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo e a xornada parcial, ata o vindeiro 31 de marzo de 2022.

A retribución, para unha xornada de 9:00 a 14:00 horas será de 1.714,29 euros brutos mensuais, engadidas xa as correspondentes pagas extraordinarias. 

O perfil dos candidatos será o dun grao, licenciado ou diplomado en Socioloxía, Psicoloxía, Psicopedagoxía, Pedagoxía, técnico en Igualdade, Traballo Social, Educación Social ou os seus equivalentes nas disciplinas con encaixe nas áreas das ciencias sociais.

Entre as funcións que terá que levar a cabo a persoa seleccionada están:

  • Programar, organizar, supervisar e avaliar as actividades de toda índole vinculadas coa promoción da igualdade entre homes e mulleres.
  • Canalizar e recoller as demandas da poboación feminina no rural.
  • Buscar e impartir actividades de interese dende a perspectiva de xénero. 
  • Apoio, asesoramento técnico a asociacións e grupos de mulleres para a súa promoción, entre outros cometidos. 

Toda a información está dispoñible nas oficinas municipais e tamén na sede electrónica do Concello de Viana do Bolo.

NOTICIAS VIANA | O Concello oferta unha praza de dinamizador do territorio que potencie...