Xoves. 28.03.2024
CEIP de Medeiros.
CEIP de Medeiros.

Chega a volta ao cole e con ela, os gastos ineludibles nestas datas para as famiias. Libros, cadernos, todo tipo de material escolar... Por iso, algúns concellos da comarca, como Oímbra ou Monterrei, facilitan este novo inicio con axudas económicas.

Para quen?

No caso de Oímbra, estas axudas estarán destinadas a nenos e nenas de infantil -segunda etapa-, primaria ou ESO; polo que os beneficiarios serán familias empadroadas no municipio con fillos que estuden no CEIP de Oímbra ou en calquera dos institutos da comarca.

No caso de Monterrei, estas subvencións beneficiarán a nenos empadroados e matriculados no CEIP de Medeiros ou no CRA de Monterrei, así como noutros centros públicos da comarca, polo que engloba aos cursos de infantil -segunda etapa- e a os de primaria.

Contía

A axuda máxima por cativo será de 60€ no caso de Oímbra ata agotar o crédito orzamentado. No caso de Monterrei, será estudada a renda per capita familiar, con axudas que poden variar entre os 50€ e os 125€.

Prazos de presentación

O prazo de presentación da solicitude para as familias de Oímbra  comeza hoxe, 7 de setembro, e rematará o vindeiro 29 de outubro. Toda a información, incluída a documentación necesaria, está dispoñible no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na súa páxina web

No caso de Monterrei, o prazo tamén está aberto dende hoxe 7 de setembro pero rematará o vindeiro 7 de outubro. Poden consultar todos os requisitos no taboleiro do consistorio ou na súa páxina web. En ambos casos, a solicitude deberá presentarse no Rexistro Xeral de cada concello.

NOTICIAS VERÍN | Oímbra e Monterrei abren o prazo de solicitudes para axudas escolares