Venres. 29.03.2024
É a primeira vez que o Concello de Verín implementa esta nova medida

Un médico velará pola saúde das Comadres a noite do vindeiro xoves

A concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil do consistorio verinense, Cándida Couñago, presentou o venres o plan de Autoprotección para o Entroido 2019 que botou a andar co xoves de Compadres. O de este ano segue a liña marcada polo actual Executivo e, como novidade, incorpora desta un médico que estará dispoñible durante todo o día do vindeiro xoves de Comadres. O documento recolle as medidas de coordinación precisas entre os distintos equipos de emerxencias e os diferentes protocolos de actuación.

Reunión preparatoria do plan de autoprotección para o Entroido. (FOTO: CARLOS MONTERO)
Reunión preparatoria do plan de autoprotección para o Entroido. (FOTO: CARLOS MONTERO)

Os Compadres abriron na noite do xoves unha nova edición do Entroido de Verín. O éxito da súa celebración, a primeira dos festexos verinenses, fai augurar un indescriptible cheo nos vindeiros días, sobre todo, na mañá do domingo de Corredoiro, xoves de Comadres y o propio domingo de Entroido. Para mininizar os riscos e garantizar a integridade e seguridade dos asistentes, a concelleira de Tráfico e Protección Civil, Cándida Couñago, vén de presentar no Concello o plan de Autoprotección para este Entroido 2019.

O plan establece como debe ser a coordinación necesaria entre os diferentes equipos de emerxencias, así como os protocolos que deberán seguirse para garantir a seguridade tanto do público como dos profesionais que desenrolen as súas funcións nas diferentes actividades programadas.

CATRO MEDIDAS PRINCIPAIS

O documento aprobado recolle catro medidas principais. Coa primeira reforzaranse os equipos dos grupos de emerxencia, que nesta edición estarán formados por as agrupacións de Protección Civil de Verín, A Gudiña, A Coruña, Ferrol, así como por axentes da Policía Local da vila, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e tamén efectivos da Axencia Galega de Emerxencias.

A segunda das medidas recolle a posta en marcha de dos importantes dispositivos de seguidade para a xornada do desfile infantil e as dos desfiles do domingo e martes. No caso da saída dos cativos, establécese que os vehículos pesados e que transporten mercadorías perigosas non poderán transitar polo centro urbán de Verín ao longo desa mañá. No caso dos maiores, fixouse como hora de corte para a caravana festeira do domingo as 11,00 horas da mañá. O martes de Entroido pecharanse ao tráfico Luis Espada e Avenida de Castela dende as 16,00 horas.

Será, sen embargo, o xoves de Comadres o día (e a noite) para a que máis efectivos se empleen co propósito de que a xornada transcurra sen incidentes de significación. A Axencia Galega de Emerxencias coordinará a todos os efectivos dos corpos e agrupación sinalados e disporase dun equipo de videograbación de seguridade. Haberá un posto sanitario na rúa Lisa con maior capacidade que os de edicións anteriores e, como novidade este ano, un médico estará de garda durante toda a xornada no lugar. 

Ademais das medidas sinaladas, a concellería de Seguridade Cidadá realizou un programa de información xeral para o público coa inclusión de consellos de seguridade tanto nos trípticos como no libro do Entroido e a instalación na praza García Barbón de carteis informativos coas súas vías de evacuación.

Por último, o plan de Autoprotección tamén inclúe un plan de Mobilidade, que aborda aspectos como o medio ambiente, seguridade viaria, usos de vehículos privados, transporte público, uso do espazo público, características socio-económicas e concienciación.

Debido ao incremento de persoas e de vehículos nos días centrais do Entroido inténtase desenvolver unha folla de ruta que logre unha mobilidade sostible para mellorar a calidade de vida no medio urbano. O aumento da seguridade vial, a diminución da contaminación e do tráfico son algúns dos obxectivos que ten devandito plan. Para conseguir esta cuestión, o Concello de Verín recomenda aos veciños así como aos visitantes que intenten reducir a utilización do vehículo privado e accedan ó centro da vila a pé.

Este ano o plan de mobilidade conta tamén coas zonas de aparcadoiro libre gratuíto recentemente implementadas en puntos estratéxicos da vila.

Un médico velará pola saúde das Comadres a noite do vindeiro xoves