viernes. 19.04.2024
mesias2
Iván Olmos Ferreiro encabezará a lista única ás primarias de En Marea ao Congreso por Ourense.

Aínda que era un segredo a voces nas últimas horas, as bases locais de En Marea acordaron, en consonancia coa dirección da formación autonómica, propor a Iván Olmos Ferreiro como cabeza da única lista que se presentará ás primarias nas que se elexirán aos candidatos por Ourense ao Congreso dos Deputados nos vindeiros comicios do 28 de abril de 2019.

Olmos Ferreiro naceu en Xinzo de Limia o 21 de maio de 1994. Sempre destacou pola súa capacidade de oratoria e polo compromiso coas clases máis desfavorecidas. Liderou na súa etapa como universitario da Facultade de Comunicación Audiovisual de Santiago de Compostela a consolidación do Clube de Debate, que o levou por varios dos mundiais do planeta ata acadar o título como mellor orador de discursos na recente convocatoria de 2018 en Chile.

Ademais, exerceu como representante estudantil na claustro da Universidade de Compostela pola Liga Estudantil Galega, etapa na que exerceu unha activa participación nas mobilizacións do movemento universitario contra a LOMCE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa).

Tamén participou de xeito moi activo na fundación e consolidación da formación veciñal Xinzo Adiante, que conta arestora con tres edís na Corporación municipal de Xinzo de Limia.

Iván Olmos Ferreiro, candidato ás primarias de En Marea por Ourense ao Congreso