Venres. 29.03.2024
La perra "Chocolatina", que el centro veterinario Albeitar logró recuperar en 2015, luego de haber sido abandonada.
La perra "Chocolatina", que el centro veterinario Albeitar logró recuperar en 2015, luego de haber sido abandonada.

O día 25 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller dende 1981. A violencia de xénero é un problema cuxa orixe é a falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e a discriminación persistente destas últimas. Esta violencia ten numerosas vertentes: física, sexual, psicolóxica, económica, cultural...

Pode resultar duro para moitas vítimas de violencia machista manifestar un vínculo entre maltrato animal e violencia sobre a muller. Pode non estar ben asumido comparar a dor inflixida a un ser humano coa dun can ou un gato, mais é innegable que hai indicadores, segundo os expertos, que nos amosan que aquel que maltrata a un animal é cinco veces máis susceptible de exercer violencia sobre un ser humano.

O 65-71% das mulleres maltratadas declaran que a súa parella ameazara, danara ou matara ó seu animal. O 75% destes actos sucederon en presenza da muller con carácter intimidatorio ou de control. Os maltratadores que lesionan a mulleres e animais son máis perigosos, máis controladores e varían máis as súas formas de violencia.


Pero a conexión co maltrato animal aparece tamén no maltrato a persoas do ámbito familiar. O 60% dos casos de familias con maltrato infantil reportou tamén maltrato animal, ó igual que no 88% das familias investigadas por maltrato físico a menores.


En ausencia de fillos ou seres queridos, as mascotas poden representar o compañeiro máis importante para os anciáns que están illados, e a perda do animal nun traslado a unha vivenda social ou a unha residencia xeriátrica pode ser moi traumática para eles. Os familiares que son maltratadores poden intimidar ós maiores, tomar represalias contra eles ou controlar os seus bens ameazando ós seus animais.


No século XXI, o 70% das profesionais veterinarias somos mulleres por debaixo dos 45 anos, isto fai que a consulta veterinaria é, en moitas ocasións, o lugar de intimidade onde outras mulleres falan e sacan á luz a dor que sofren as súas mascotas polo maltrato ou violencia por parte daqueles que son incapaces de convivir e respectar en tódolos aspectos.


O papel da veterinaria nestas situacións é moi complicado tanto dende o punto de vista emocional como legal. As profesionais vémonos atrapadas entre o sufrimento do animal, os sentimentos de desesperación e desamparo da vítima de violencia e a indefensión legal, que na maioría dos casos deixan impune os feitos.

Denunciar o maltrato por parte da veterinaria co vacío legal existente é practicamente imposible porque hai un gran risco inmediato para a integridade da vida, tanto do animal como dos mebros indefendos da familia e, insluco, para as profesionais veterinarias


Denunciar o maltrato por parte da veterinaria co vacío legal existente é practicamente imposible porque hai un gran risco inmediato para a integridade da vida, tanto do animal como dos membros indefensos da familia e incluso para as profesionais veterinarias como mulleres. A lexislación actual non contempla un protocolo e tampouco unha actuación inmediata das autoridades en caso de denuncia por parte dunha veterinaria para perseguir e condenar este maltrato oculto.


A elaboración dun protocolo de actuación, o endurecemento das penas de maltrato animal e a formación das médicos veterinarias na detección de maltrato, relacionado ou non coa violencia doméstica (de xénero, sobre os menores, sobre os anciáns ...) serían unhas excelentes medidas preventivas de protección tanto para os animais como tamén para as persoas indefensas. Un 94% de mulleres maltratadas con animais de compañía declarou que se houbese un sistema de acollida para as súas mascotas houbesen marchado das súas casas moito antes.

É de imperiosa necesidade implementar unha colaboración efectiva entre os servizos de violencia de xénero e os centros sanitarios veterinarios

Conclúo, pois, que é necesario considerar ós animais de compañía como vítimas non só instrumentais, a través dos que se exerce o maltrato, senón tamén como seres vivos que o sufren nas súas propias carnes. É de imperiosa necesidade implementar unha colaboración efectiva entre os servizos de violencia de xénero e os centros sanitarios veterinarios amparados polos programas de Benestar Animal. Débese normalizar, ademais, as estancias sociais nas que se acollan tamén ás mascotas para que ambas poidan abandonar o domicilio no que cohabitan co seu maltratador.

OPINIÓN | O maltrato animal, un claro indicador da violencia de xénero