Xoves 23.05.2019
O obxectivo é recadar fondos para financiar os actos do devandito festexo

Dende hoxe abre as súas portas a tenda oficial do Entroido

A tenda oficial do Entroido xa está aberta ao público para ofrecer ata sete artigos diferentes. Os que desexen mercar algún deles poderán achegarse ata a Praza García Barbón en horario de 12,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 horas.

A tenda oficial do Entroido xa está aberta na Praza García Barbón da vila.
A tenda oficial do Entroido xa está aberta na Praza García Barbón da vila.

O Concello de Verín vén de facer pública a apertura oficial da tenda do Entroido, que volverá a estar situada, como xa en anos anteriores, na praza García Barbón da vila. A iniciativa ten como fin último recadar fondos para a financiación dos festexos e nela estarán dispoñibles ata sete artigos distintos: Sudadeiras (a un prezo de 16 euros), camisetas (8 euros), bragas de pescozo (4 euros), panos (3 euros), cuncas (6 euros), chapas (1 euro) e pins (6 euros). Abrirá un máximo de seis horas ao día, dúas pola mañá (de 12,00 a 14,00 horas) e catro pola tarde, dende as 17,00 ás 21,00 horas.

Dende hoxe abre as súas portas a tenda oficial do Entroido
comentarios