Venres. 29.03.2024
A acción formativa tivo lugar nas oficinas da entidade local ubicadas na Praza da Mercé.

A asemblea local da Cruz Vermella de Monterrei vén de abrir o prazo para todos aqueles interesados en asistir ao curso de primeiros auxilios que esta organización impartirá o vindeiro mes de abril. Os que desexen asistir terán que formalizar unha inscrición previa chamando ao teléfono das oficinas locais da entidade, 988.410.978, ou achegándose ás súas dependencias no número 16 da Praza da Mercé. Foi precisamente nelas onde este sábado, vinte persoas participaron na formación gratuíta que Cruz Vermella Monterrei impartiu para obter o carné de manipulador de alimentos.

Nesa acción formativa, que se desenrolou entre as 10:00 e as 14.00 horas, os asistentes coñeceron a normativa reguladora do sector, as formas que teñen os alimentos de se contaminar ou as necesarias medidas preventivas a ter en consideración en ámbitos como a hixiene persoal ou a manipulación alimentaria. Por último, recibiron cumprida información da necesaria análise de perigos e dos puntos críticos de control fixados na lexislación para establecementos onde se sirvan alimentos.

VINDEIRA CHARLA, NESTE CASO, PARA MAIORES

Cruz Vermella Monterrei tamén prepara para o vindeiro día 1 de abril no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, entre as 17:00 e las 19:00 horas, unha charla, que titulou "Maiores, activos e seguros". Nela, técnicos da Dirección Xeral de Tráfico ensinaranlle a poboación en xeral, pero moi especialmente aos maiores que asistan, recomendacións básicas para transitar polas vías públicas dun xeito máis seguro.

A Cruz Vermella de Monterrei abre o prazo de inscrición para o curso de primeiros auxilios