jueves. 25.04.2024
Poderán inscribirse antes do 23 de abril centros de ensino, institucións e asociacións culturais e sociais da comarca

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os maios deste ano

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro día 1 de maio, festa do Traballo, celébranse en Verín os xa moi coñecidos "Maios". Ademáis das encarnizadas coplas que para tal fin se elaboran, a praza da Alameda convertirase no escaparate das construccións que co gallo da celebración preparan centros de ensino, institucións, asociacións culturais e sociais da comarca.

FOTO FESTA DOS MAIOS
Panorámica da praza Alameda, na presentación dos maios do pasado ano 2018.

O Concello de Verín vén de facer públicas, un ano máis, as bases para a participación nunha nova edición da senlleira festa dos Maios, conmemorativa dunha tradición que comezou na década dos anos 50 do pasado século, da man de Enrique Gómez Pato. Este verinense é lembrado por velo percorrer as rúas da vila con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres e acompañado de fieis acólitos que cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza da vila agardaba sempre pola súa creatividade e crítica satírica do que foron os feitos máis relevantes dos últimos doce meses previos á celebración. 

Na mostra, que non ten carácter competitivo, poderán inscribirse no Concello de Verín e antes do 23 de abril todos aqueles centros de ensino, institucións e asociacións culturais e sociais da comarca que estiveran rexistradas e que mantiveran actividades de carácter público despois da festa dos Maios do pasado 2018.

Os Maios artísticos, incluso se se tratan da vestimenta de humanos, terán que estar recubertos na súa totalidade con elementos naturais, como poden ser xestas, carrabouxos, flores ou mesmo táboas. No caso daqueles elaborados polo alumnado de Educación Infantil, exteriormente, deberán utilizar materiais de refugallo.

Como axuda para as custas de montaxe, a cada asociación que concorra á concentración e cumpra coas bases entregaránselle 200 coplas. Aos centros de ensino, polas características específicas das comunidades educativas, entregaránselle 25 coplas e unha cantidade de 175 euros, que será de 250 euros se o centro presenta, ademais do Maio artístico, tradicional ou humano, un feito por alumnado de Educación Infantil.

As coplas, como xa vén sendo habitual, non poderán ter menos de 16 estrofas de catro versos nin máis das que se poidan reproducir nun DIN A4 impreso a unha cara. Terán tamén que estar agrupadas segundo a temática que desenvolvan. O vindeiro 25 de abril remata o prazo para entregar, dixitalizado, o texto. Serán os redactores os que se responsabilicen da autoría do mesmo, xa que o Concello non realizará ningunha corrección agas sexa pedida expresamente polo redactor da copla.

As doazóns que se recaden no reparto de 600 exemplares irán para a Cruz Vermella da comarca.

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os maios deste ano