mércores 21/10/20
O Concello de Verín tomou unha serie de medidas preventivas ante o Covid-19

Como está sendo o día a día en Verín?

Durante unha tempada, as rutinas diarias en Verín cambiará radicalmente debido as medidas de prevención adoptadas tanto polo Concello de Verín como pola Xunta de Galicia e o Goberno estatal. As diferenzas son notables en todos os ámbitos da vida diaria dunha persoa.

Claudia Veiga, camarera do Bar Plaza, servindo con guantes para previr o foco. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Claudia Veiga, camarera do Bar Plaza, servindo con guantes para previr o foco. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O contaxio por Coronavirus víase lonxe cando comezou a saltar a alarma no mundo oriental, e dende fai relativamente pouco tempo, chegou a España provocando unha expansión moi rápida e con gran cantidade de infectados. A Xunta de Galicia adoptou este xoves suspender a actividade docente -a todos os niveis- durante 15 días, e os Concellos de toda Galicia comezaron a tomar medidas nos seus municipios, para previr a expansión e poder frear os focos de Covid-19.

Na comarca de Verín, polo de agora, non se coñece ningún caso da enfermidade, polo que as medidas adoptadas polo Concello foron tomadas coa intención de previr o contaxio e perseverar a saúde na vila. Nin de lonxe a intención destes é alarmar a poboación e crear o caos, pola contra, con estas medidas tentan que prevaleza a seguridade na vila.

Esta mañá foron moitos os pais e nais que levaron ós seus fillos a escola, mentres que outros decidiron quedar na casa. Pero de aquí a 15 días, o sistema educativo fará un parón e os escolares non terán clase. Recoméndase a pais e nais que os máis cativos non acudan ós parques infantís nin que queden cos avós, ó igual que non ir a lugares -tanto públicos como pechados- nos que haxa moita xente. Ó longo da mañá os parques estaban baleiros e a presenza de cativos pola rúa era practicamente nula.

O parque baleiro e a Piscina Municipal pechada. | FOTO: Concha Caneiro.O parque baleiro e a Piscina Municipal pechada. | FOTO: Concha Caneiro.

No tocante ós bares e restaurantes, a afluencia de xente diminuíu e moitos dos clientes habituais dalgunhas cafeterías aplazaron a costume de ir tomar algo ata que a situación esté máis calmada. Pola rúa non se ve tanta xente como noutras ocasións agás arredor dos supermecados. Son estes os lugares nos que máis se concentra a xente, para mercar produtos de primeira necesidade e encher os seus frigoríficos para afrontar os vindeiros días.

Esta mañá, no Mercadona, as existencias de leite eran practicamente nulas. | FOTO: Concha Caneiro.Esta mañá, no Mercadona, as existencias de leite eran practicamente nulas. | FOTO: Concha Caneiro.

Mentres, as persoas que traballan de cara ó público e as súas labores non permiten a opción do teletraballo toman as medidas que consideran oportunas para previr o contaxio por Coronavirus, e piden responsabilidade ante a situación. Ademais, os sanitarios están a divulgar unha campaña baixo o título #QuédateEnCasa, para animar á xente a que, na medida do posible, non saian a rúa sen necesidade.

Campaña #QuédateNaCasa

Tras as medidas de prevención adoptadas polo Concello de Verín, tales como a suspensión de todos os eventos e actividades nos que se concentre xente, o peche das instalacións municipais e a limitación de atención ó público nas dependencias municipais, entre outras, o día a día na vila mudará radicalmente polo menos durante 15 días.

Como está sendo o día a día en Verín?