Luns 17.06.2019
O bipartito amplía os seus resultados nun 30 por cento, quedando con 8 edís o PSdeg e 5, o Bloque

Gerardo Seoane queda a 57 votos da maioría absoluta, o BNG sube un concelleiro e Jiménez afúndese

Gerardo Seoane, o alcalde en funcións e candidato independente do PSdeG á alcaldía de Verín, quedou a só 57 votos de obter o escano que lle daría a maioría absoluta na vila. A trepidante xornada electoral pechouse con 8 concelleiros para os socialistas galegos, 5 para o BNG, que se colocou como segunda forza mellorando nun edil a representación, e un PP en caída libre.

O alcalde en funcións, Gerardo Seoane, votando este 26 de maio no colexio electoral de Queizás.
O alcalde en funcións, Gerardo Seoane, votando este 26 de maio no colexio electoral de Queizás.

O Partido dos Socialistas de Galicia, encabezado polo independente Gerardo Seoane, quedou na noite de onte domingo 26 de maio a só 57 votos de obter o noveno concelleiro que lle outorgaría a maioría absoluta ao PSdeG. Cunha campaña sinxela, sen estridencias, con actos discretos e con moi pouca presenza nas redes sociais, o actual alcalde conseguíu non só revalidar os resultados senón sumar dous novos concelleiros que colocan ao socialistas como a primeira forza política da vila. Logo del, e como premio á labor de Goberno aínda que por debaixo das expectativas manifestadas pola formación nacionalista, o BNG obtivo 5 concellais, un máis dos que rexistrou no 2014.

Foi o Partido Popular de Juan Manuel Jiménez o que recibíu, por parte do electorado verinense, un dos seus maiores correctivos dos últimos anos. En só 8, o seu líder fixo que perdese o 60 por cento da representación en número de concelleiros, pasando dos 10 cos que gobernou con maioría absoluta entre 2011 e 2014, aos 4 cos que contará dende este domingo 26 de maio. O resultado, incluso deixa fóra, agás que haxa algunha demisión de por medio, ao estreito colaborador de Jiménez Morán, José Hilario Castro, que non revalidou a súa acta de edil na Corporación Municipal.

Así, co cento por cento do escrutinio pechado, o PSdeG-PSOE obtivo o 46,36 por cento dos sufraxios (16 puntos máis que no 2015), sumando 8 concelleiros fronte aos 6 rexistrados catro anos antes, froito de pasar dos 2.158 votos aos 3.495 da noite deste 26 de maio.

Diego Lourenzo, votando no colexio electoral de Feces, onte pola mañá.

O Bloque Nacionalista Galego engaíu case 300 papeletas máis ás cifras do 2014, pasando de 1.681 votos (24,11 por cento) ós 1.973 (26,17%) da noite electoral.

UN 60 POR CENTO MENOS DE REPRESENTACIÓN

O Partido Popular, liderado por Juan Manuel Jiménez, caíu da primeira posición no 2014 ata a terceira neste 2019. Se hai catro anos conseguíu ser a forza máis votada con 2.654 votos e o 38,07 por cento do electorado respaldándoo, onte pola noite déronlle as costas 857 persoas, deixando a súa porcentaxe de sufraxios nun 23,84 por cento e caíndo ata a terceira posición en importancia das formacións políticas da vila.

Todo fai indicar que, aínda que o Bloque Nacionalista Galego agardaba unha maior representación da que obtuvo, o pacto de goberno entre ambas formacións de progreso volva a reeditarse.

 

 

Gerardo Seoane queda a 57 votos da maioría absoluta, o BNG sube un concelleiro e...