Xoves. 28.03.2024
franco1
Aos da funeraria Os Felipes non lle importou que se mollara o cadaleito de Franco.

Franco no seu cadaleito, o finado cantante Freddie Mercury na pel de Víctor Baladrón, Quim Barreiros, a raíña Isabel II e nin unha das terceiras partes dos monxes e sacerdotisas tibetanos que se deixaron ver o domigo foron os valentes que volveron a saír de novo ás rúas de Verín esta tarde.

Pasadas as 15,30 horas comezaban a caer as primeiras pingadas. Aínda que todo facía indicar que escamparía o xusto para desfilar, non foi así, e para a hora prevista da saída da comitiva xa chovía de sobra como para impedir que se conformase a caranava do Entroido de Verín.

A organización agardou ata o último momento, cando xa noutras vilas da provincia como Ribadavia, A Rúa ou a veciña de Xinzo anunciaban a suspensión do seu desfile.

A desapacible tarde xa so convida á lareira, un viño ou a festa rachada baixo a carpa da praza Maior ou nalgúns dos locais onde ofrezan flores de Entroido e licor do negro café.

A choiva anticipa o adeus do Entroido de Verín 2019