Venres. 29.03.2024
cartel
Medidas de prevención ante o Coronavirus.

Gerardo Seoane, o alcalde do Concello de Verín, pide expresamente a todas aquelas persoas que veñan de Madrid estos días que se manteñan nos seus domicilios. Debido a gran cantidade de casos de Coronavirus que hai en Madrid e dentro do marco de medidas adoptadas para previr a propagación do Covid-19, o alcalde de Verín considerou oportuno facer este comunicado.

Ademais, dende o Concello da vila anuncian que non se atenderá a ninguén na casa consistorial sen cita previa.

O alcalde de Verín pide que os que veñan de Madrid permanezan nos seus domicilios