sábado 19.10.2019
A asociación concedeu no 2017 unha axuda de 125.000€ para a súa construción

Membros de Monteval visitan a nova fábrica de pan, pasteles e derivados lácteos de A Rasela

Membros de Monteval GDR-9 visitaron as instalacións, postas en marcha fai escasos meses, para comprobar o bo funcionamento da maquinaria, así coma o proceso levado a cabo para a creación dos alimentos.

Algunha das máquinas das instalacións.
Algunha das máquinas das instalacións.

Integrantes da asociación Monteval estiveron visitando este mes as instalacións dun dos seus proxectos financiados, neste caso con 125.000€, un 45% do seu orzamento. Trátase dun edificio destinado á fabricación de pastelería, xeados artesanos e panadería que se atopa na poboación de A Rasela (Verín). 

A construción conta con dúas plantas repartidas de modo que no sótano atópase un garaxe para o servizo do edificio, un cuarto de instalación e outro para o vestuario, mentres que na planta baixa estarían unha zona de pastelería, unha zona de forneado, unha zona de xeadería, outra para a panificadora, a estancia habilitada para a tenda e unha pequena oficina.

"Unha das cousas que temos en conta neste tipo de proxectos, que se encadran dentro dos denominados coma produtivos, é o número de postos de traballo que poden crear, así coma se estes pertencen a un sector que atope máis dificultades, coma maiores de 55, por exemplo", aseguraba Ana Pardo, xerente do grupo técnico de xestión da asociación.

 

IMG-20190426-WA0010

A Asociación Monteval GDR-9 constituíuse en xuño de 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes terrioriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación: A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós.

As axudas para o financiamento dos proxectos proveñen dos fondos LEADER. O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER - Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural -. Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Membros de Monteval visitan a nova fábrica de pan, pasteles e derivados lácteos de A...
comentarios