Nese municipio e no seu veciño de Castrelo do Val rexistráronse este luns catros contaxios por COVID

Todas as probas feitas ata o de agora polo gromo de Riós deron negativo

Séguense realizando probas entre os contactos estreitos dos contaxiados no gromo do Riós.

O Concello do Riós pide cautela para que non se propague o gromo que foi detectado este luns neste e no veciño municipio de Castrelo do Val. Polo de agora, tal e como confirma o rexedor Francisco Armando Veiga, todas as probas PCR realizadas deron negativo. 

Segundo informou o Concello de Riós, todas as probas diagnósticas PCR realizadas aos contactos máis estreitos dos infectados no gromo do municipio deron, polo de agora, resultado negativo

O propio rexedor municipal, Francisco Armando Veiga, insta, dende as redes sociais municipais, a que "non se criminalice a ningunha persoa que esté contaxiada; isto pódenos ocorrer a calquera" e recomendou, xa este mércores, aos veciños de San Pedro de Trasverea -onde reside unha das contaxiadas- que non saísen das súas vivendas.

O gromo que xurdiu neste municipio provén, segundo asegura o alcalde, "doutro concello, onde si hai dous contaxiados -en referencia á localidade de Monteveloso, pertencente ao Concello limítrofe de Castrelo do Val. No noso só temos un positivo e todas as probas deron, ata agora, negativo. Iso non quere dicir que non poida aparecer algún positivo máis", conclúe.