viernes. 26.04.2024
Rubén Riós.
Rubén Riós.

O actor e produtor galego, Rubén Riós, viaxou estes días a Lisboa, para participar na rodaxe de “Cuba Libre”, unha miniserie ambientada na revolución cubana e que narra a historia da portuguesa Annie Silva Pais, enamorada do Che Guevara. 

Dentro do reparto, o actor ourensano encarna a un médico cubano, o Doutor Arce, de ascendencia paterna galega, un papel que aínda que "pequeno", pois non é dos principais da trama, “nun momento determinado” da serie “ten un “forte impacto” nos acontecementos. 

“Cuba Libre”, o traballo de Henrique Oliveira e que consta de seis capítulos, narra a historia real, de Annie Silva, filla do director da policía política portuguesa de Salazar, que despois de moitos anos vivindo na Habana e casada cun diplomático suizo, decide deixar ó seu esposo e a súa familia para comprometerse coa Revolución cubana, quedando secretamente namorada do Che Guevara.

Para construir a súa personaxe, Riós contou coa axuda de Xoaquín, “un deses retornados cubanos, que casou en Riós e que foi quen me axudou co acento cubano”, expón. Trátase, di Riós, do seu segundo traballo en Portugal, trala súa participación noutra serie, titulada “Vento Norte”. 

Respecto a rodaxe -que desenvólvese entre Cuba e Portugal aínda que parte das esceas fixéronse en Cádiz, o actor estivo gravando en Lisboa. En concreto, no hospital Miguel Bombarda, un antigo “hospital abandonado” de uso psiquiátrico e que pechou a súas portas en 2011. 

Coa xornada de hoxe, Riós pon fin a unha intensa semana de rodaxe no país vecino aínda que segué con outros proxectos. De feito, mañán prevé estar en Laza, última parada do programa “Latexos do Rural no Camiño”, co resto do equipo.

Rubén Riós roda en Lisboa “Cuba Libre” onde encarna a un médico cubano