martes 27/07/21
Os mércores de dez a doce da mañá

Portas Abertas leva a Riós un programa para persoas con capacidades diferentes

Curso de alfabetización en Riós.
Curso de alfabetización en Riós.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas ven de poñer en marcha no multiusos do Concello de Riós, un programa dirixido a persoas con capacidades diferentes para axudar nestas zonas do rural. 

Esta iniciativa, que forma parte do programa "Capacidade rural" chega a este Concello ourensán, cos catro primeiros inscritos, despois da experiencia en Vilardevós. Nesta localidade, o grupo conformouse fai catro anos e conta con dez persoas que participan de maneira estable, agás este ano marcado pola pandemia. 

Mellorar as súas competencias, habilidades sociais, estimulación, realización de manualidades así como obradoiros de alfabetización dixital son algunhas das propostas que ofertan desde este centro de desenvolvemento. 

Segundo explica a responsable do programa, a educadora social, Andrea Rodríguez, o programa nace coma "punto de encontro" para atender as necesidades destas persoas, non sempre cubertas. 

As necesidades son moitísimas. O medio rural está cheo de barreiras invisibles 

 

Desde este centro, saben mellor que ninguén das dificultades destas persoas para integrarse no rural. Delo da conta, esta educadora, quen afirma que "vivir cunha discapacidade no medio rural limítate moito". De feito, a primeira impresión foi positiva destacando “a súa ilusión por vir”. 

Con este programa, a asociación pretende convertirse en "punto de encontro" onde os participantes poidan relacionarse "cos seus iguais". Un traballo que non estivo exento de dificultades durante este tempo. 

"Foi moi complicado crear un grupo con capacidades diferentes. Levamos tempo loitando para facer un grupo en diferentes concellos", comenta Rodríguez, quen resalta "a alegría" que supón a participación do Concello de Riós, que cedeu o multiusos para o desenvolvemento das actividades. 

De momento, a idea é que o grupo de Riós dispoña destas actividades un día a semana, os mércores pola mañá, en horario de diez a doce, e incluso as traballadoras ofrécense a axudar ós usuarios cos desprazamentos e que "non sexa impedimento" para non asistir. 

Máis aló dos coñecementos que poidan adquirir, a responsable do programa subliña o feito de poder ofrecerlles alternativas fora de casa, sen dúbida, unha oportunidade, pensando tamén no verán. 

Portas Abertas leva a Riós un programa para persoas con capacidades diferentes
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade