Venres. 29.03.2024
13
Monte ''Salto do Cabalo''. | FOTO: Centro Agroforestal Riós.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte “Salto do Cabalo”, polo que se somete a información pública o procedemento. Este monte está situado no concello de Riós e a súa titularidade corresponde á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Progo.

7Monte ''Salto do Cabalo''. | FOTO: Centro Agroforestal Riós. 

En total, conta cunha superficie de 259 hectáreas, das cales serán inscritas no Rexistro 17,35 hectáreas ocupadas por cerquiño.

A partir de mañá, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense os documentos correspondentes a este expediente. Posteriormente, poderanse presentar as alegacións que se estimen oportunas nun prazo de dous meses.

O monte do Salto do Cabalo de Riós entra no rexistro de bosques de frondosas autóctonas