venres 17/09/21
O delegado autonómico en Ourense visitou este luns Castrelo de Cima

NOTICIAS VERÍN | A Xunta recoñece a labor da asociación Os Queimas, en Riós, cunha achega de 17.000 euros

Gabriel Alén -terceiro pola esquerda-, con Rubén Riós e o rexedor local, Francisco Veiga.
Gabriel Alén -cuarto pola esquerda-, con Rubén Riós e o rexedor local, Francisco Veiga.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, Francisco Armando Veiga, a sede da "Asociación Cultural e Veciñal de Castrelo de Cima Os Queimas", no concello de Riós para supervisar as obras de acondicionamento do seu local social e a adquisición de novo equipamento para as que contou cunha achega de 16.945,15 euros da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, dentro do plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais.

Gabriel Alén lembrou que as achegas deste plan no ano 2021 supuxeron un incremento do 17% con respecto ao ano anterior, deixando na provincia de Ourense máis de 600.000 euros, que beneficiaron a 41 entidades dos municipios de Allariz (2), Beariz, Carballeda de Avia, O Carballiño, Celanova, Cortegada, O Irixo, Leiro, Lobios (3), Melón, Monterrei, Ourense (8), Pereiro de Aguiar (4), A Peroxa (5), Riós (2), Taboadela, A Veiga, Verea, Viana do Bolo (2), Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo. 

O representante do Goberno galego puxo en valor estas axudas e enmarcounas na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e por todo aquilo que contribúa ao benestar dos cidadáns.

Actuacións

As obras que se están a desenvolver consisten no arranxo dunha cociña comunitaria para que os veciños poidan celebrar comidas populares e a construción dunha rampla de acceso ao interior do local a persoas de mobilidade reducida; así como a adquisición de material informático e de son para as actividades de lecer en época estival.

NOTICIAS VERÍN | A Xunta recoñece a labor da asociación Os Queimas, en Riós, cunha...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade