A súa alcaldesa asinou este xoves un bando informativo
NOTICIAS VERÍN | Riós anuncia cortes de agua "se non se reduce o consumo"
11 de agosto de 2022 (16:11 h.)
Eva Barrio, alcaldesa do Concello de Riós, vén de asinar un bando no que solicita aos seus conveciños que reduzan o "consumo de auga a mínimos indispensables, debido ás condicións de seca que estamos a sufrir".
No aviso, a rexedora orriolense sinala que, "de non notar unha redución significativa no consumo de auga nos vindeiros días, procederemos a cortes de subministro, reducindo a auga ás principais horas do día", advirte a alcaldesa do Concello do Riós.