venres 17/09/21
No quilómetro 146 en dirección Benavente

NOTICIAS VERÍN | Cortado un carril da A-52 á altura de Riós pola avaría dun tráiler con gando porcino

O tráiler que transporta gando porcino avariado na A-52 á altura de Riós. | FOTO: M. Ceballos
O camión con gando porcino na A-52 á altura de Riós. | FOTO: M. Ceballos

Arestora permanece cortado o carril dereito da A-52 en sentido Benavente á altura do quilómetro 146, no término municipal de Riós. O corte está producido pola avaría dun vehículo articulado que transporta gando porcino. Na zona xa se atopan técnicos de mantemento da Autovía das Rías Baixas.

Quilómetro 153

No mesmo sentido, permanece dende a tarde de onte un remolque frigorífico con matrícula checa ocupando gran parte do carril da mesma autovía á altura do quilómetro 153. Moita precaución na zona xa que se atopa sinalizado, pero continúa aberto ao tráfico.

O remolque frigorífico parado na A-52. | FOTO: M. CeballosO remolque frigorífico parado na A-52. | FOTO: M. Ceballos

NOTICIAS VERÍN | Cortado un carril da A-52 á altura de Riós pola avaría dun tráiler con...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade