domingo 09/08/20
Medio Rural confirma que foron 160 as hectáreas carbonizadas no lume de Queirugás (Verín)

Estabilizado outro incendio na parroquia de Castrelo de Cima, en Riós

As lapas alcanzaron en Riós unha superficie provisional superior a 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.

Un helicóptero, nas labores de extinción do foco de Queirugás (Verín), este mércores. FOTO | Noelia Caseiro.
Un helicóptero, nas labores de extinción do foco de Queirugás (Verín), este mércores. FOTO | Noelia Caseiro.

O lume iniciouse ás 22:07 horas da pasada noite deste mércores, 22 de xullo, en Castrelo de Cima. O incendio, que afectou a unha superficie aproximada de máis de 20 hectáreas, deuse por controlado na madrugada deste xoves ás 7:16 horas.

A estabilización foi posible grazas aos medios desprazados ata o momento: 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobomas e 1 pala. As lapas non afectaron a ningunha vivenda e só produciron danos na zona arborada. A noticia deste novo lume, súmase aos datos actualizados do incendio que arrasou Verín na xornada de onte. Segundo informou a Consellería de Medio Rural este xoves ás 9:00 horas, o balance da superficie queimada no lume de Queirugás (Verín) supera xa ás 160 hectáreas, moi lonxe -afortunadamente- das 1.360 que se perderon no incendio do 2017. 

 

No control do lume, xa se mobilizaron ata o de agora: 1 técnico, 6 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 9 avións, segundo informa Medio Rural, que a primeira hora desta mañá aínda o consideraba activo malia que non había xa presencia efectiva de lapas e só se realizaban labores de vixiancia e refresco da superficie queimada. 

Estabilizado outro incendio na parroquia de Castrelo de Cima, en Riós
comentarios