Xoves. 28.03.2024
Concello de Riós.
Casa do Concello de Riós.

Novo gromo por coronavirus na nosa comarca. Trátase de tres contaxiados, todos orixinarios da localidade de Romariz, no concello de Riós. Son unha muller de 43 anos, un home de 57 e un menor de 13 que pertencen á mesma unidade familiar.

Estes últimos casos aínda non se recollen nos datos oficiais proporcionados polo Servizo Galego de Saúde no día de hoxe, que reflicten os mesmos números que na anterior xornada. Verín e Castrelo do Val rexistran 4 positivos cada un, mentres que no resto de municipios a conta mantense a cero.

CORONAVIRUS VERÍN | Gromo familiar de tres positivos no concello de Riós