xoves 21.11.2019
O Concello ourensán recoñeceu coa insignia de ouro a aposta polo sector que fai o titular de Medio Rural

O conselleiro do Ribeiro que ciscaba as castañas do Riós

O conselleiro de Medio Rural, José González, achegouse hoxe ata o Riós para recibir a Castaña de Ouro da vixésimo quinta edición do certame local de exaltación de tan preciado produto. Antes de recibila de xeito oficial no salón de plenos do consistorio, amosou a su mellorable destreza co tixolo

O trebello do que colgaba o tixolo no que se asaban as castañas leva 25 anos prestando os seus servizos á comunidade.
O trebello do que colgaba o tixolo no que se asaban as castañas leva 25 anos prestando os seus servizos á comunidade.

Esta fin de semana Riós volveu a ser unha festa. Levan un cuarto de século convocando á cidadanía a un certame no que, de xeito exclusivo, se ensalzan dous dos produtos típicos do lugar, como son a castaña e o cogumelo, que non poucas ledicias lle dan, cara final de ano, a todas e cada unha das economías familiares do municipio. 

rios11A carpa na que se servían os chourizos, as castañas e o viño estaba ateigada este mediodía.

Malia que o responsable do tixolo lle deu unhas leves instrucións da operativa, González non foi quen de manter -nin de lonxe- o mesmo número de castañas que comezaran nesa sorte de atracción de feira, antes e despois do suxerente meneo que lle imprimiu ao mango da ampla tixela

Desta vez, coincidindo cos 25 anos do certamen, e polas datas que nos atopamos -cunha convocatoria electoral á volta da esquina-, deixáronse ver máis políticos que de costume -e mira que se soen ver moitos nese lugar e nesa festa!-. O primeiro en chegar, alomenos de xeito moi público, foi o conselleiro de Medio Rural, o ribeirao José González. Nada máis facelo, e logo de despachar co rexedor local, Francisco Armando Veiga, dirixiuse precisamente ao lugar máis atraínte de todo o Riós, a grella onde se asaban os chourizos e á tixola onde as castañas pasaban polo lume para logo seren repartidas cun grolo de viño dos da casa. Alí, un dos compañeiros reprógrafos tivo a feliz e suxerente idea de convidar ao titular de Medio Rural a porse a asar algunhas das castañas. Nese intre, e aínda que máis tarde e co resto de medios confirmaría que "en contra do que ti poidas pensar -en alusión a iste que suscribe-, non fai tanto tempo que lle boto a man (á tixola)", evidenciouse que o agarimo que di terlle ao sector do produto ensalzado -e que así o confirma o rexedor local co recoñecemento outorgado esta mañá- non se corresponde coa habilidade do manexo do aparello asador. Malia que o responsable do tixolo lle deu unhas leves instrucións da operativa, González non foi quen de manter -nin de lonxe- o mesmo número de castañas que comezaran nesa sorte de atracción de feira, antes e despois do suxerente meneo que lle imprimiu ao mango da ampla tixela. 

Foi unha das moitas instantáneas que proporcionou unha xornada, algo fría, pero sen a choiva que a alcaldesa consorte agardaba para as horas centrais do día. Dende moi primeira hora comezaron a facer o lume para ter o produto estrela listo cara o mediodía, aínda que xa moitos avezaran o chourizo e o viño dende as once de mañá. Amenizaba, e facía bailar aos presentes, a charanga verinesa de Los Támega, e o público, co cácabo calado co chourizo, pan, viño e castañas, adicábase, ata a hora do xantar, a recorrer as dúas dúcias de postos establecidos na principal rúa do Concello, diante da casa consistorial.

rios8O frío petaba, pero máis o facía a música de Los Támega na praza do Concello do Riós. 

Un chisco máis adiante, o atractivo estaba sobre rodas. Os irmáns do Gandainas -coñecida viñoteca da vila verinense-, amantes, ademáis do bo viño, o bo comer e a boa carnes, dos automóbiles antigos e incluso xa de moita época; organizaron, facendo coincidir co certame do Concello onde naceron, a primeira das voltas de vehículos senlleiros con quedada, cara o mediodía, no centro do Riós. Alí estaban, no que foi tamén un dos maiores atractivos destas bodas de prata da feira da castaña, máis de medio cento de representantes do inxenio do século XX no sector da automoción, cunha ampla delegación do clube Barreirista ourensán, que ata achegou un coche fúnebre da firma do visionario construtor de automóbiles da provincia. Tamén se deixaron ver moitos dos modelos estrela da SEAT dos sesenta do pasado século e ata un máis que chamativo Ford A dos anos trinta tamén do XX.  

dogdeUn dos Barreiros máis fúnebre da historia da automoción ourensán, presente no Riós. 

rios2Este lexendario Ford A atrapou a non poucos visitantes ao certame da castaña

AMPLA REPRESENTACIÓN POLÍTICA

Iso si, non poucos foron os lixeiros contubernios protagonizados polo resto de representantes das diferentes vontades políticas presentes no Riós. Tanto populares como socialistas presentaron aos seus principais primeiros espadas da anterior e curta lexislatura, como das candidaturas do vindeiro domingo. Alí estaban, polos primeiros, Ana Belén Vázquez, excongresista e candidata a repetir, ou exsenadores como Carmen Leyte ou Francisco José Pérez Fernández, aínda alcalde do Concello de Leiro. Pola banda dos do puño e a rosa, Adolfo Pérez Abellás ou o verinense Juan Carlos Francisco Rivera. Non faltaron tampouco os principais representantes dos Concellos limítrofes, como o fillo dun bo amigo do Riós, agora alcalde coma seu pai, José María Lago Cabo; o de Vilardevós, onde tamén se concentran importantes extensións de soutos cunha produción específica de castañas caramelizadas en A Trave, Manuel Cardoso; a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, ou o rexedor lazano Jesús Blanco

rios9Francisco José Pérez (alcalde de Leiro e candidato ao Senado dos populares), co verinense Juan Carlos Francisco (tamén candidato ao Senado polos socialistas), quen sabe se colocando a primeira pedra da gran coalición nacional.

E, para coidar de todos eles, que mellor que un médico!, o do Riós, iso si, en excedencia polas súas responsabilidades ao fronte da subdelegación do Goberno na provincia, o tamén socialista de Verín, Emilio González Afonso

O conselleiro do Ribeiro que ciscaba as castañas do Riós
comentarios